Ano tras ano o E3 perde calidade e moito me temo que na mesma cantidade perde seguidores (isto non sorprende) mais xustamente ao contrario acontece coa maior feira Europea de videoxogos, a GamesCom.

A GamesCom cada ano vai gañando a confianza dos seguidores deste mundo e este ano prometen que presentarán até 300 novos productos nesta feira.

Non é de extrañar, xa que máis de 370 compañías estarán presentes falando e amosando os seus productos, uns números que superan a edición do ano pasado.

A GamesCom ten lugar na cidade alemana de Colonia do 15 ao 19 de agosto.

Estade atentos porque poderemos atoparnos con varias novidades.

A terceira grande feira sobre videoxogos comezará dentro de moi pouco. Un mes falta para que o Tokyo Game Show abra as portas un ano máis, e como sempre algunhas compañías sacan á luz os títulos que van mostrar alí.

A primeira en reaccionar foi a Konami, que publicou unha listaxe dos videoxogos que estarán no Tokyo Game Show en versión xogábel ou non.

Continuade a ler para ver estes títulos.

Ler o resto da entrada »