Ubisoft comeza a borrar xogos en uPlay

Por: Martes, 27 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

Se mercastes claves para xogos de Ubisoft en G2A ou g2play pode que teñades motivos para estar preocupados, polo de agora parece que soamente se mercastes o Far Cry 4.

Ubisoft comezou a eliminar da súa plataforma uPlay copias do xogo que foran mercados nestas tendas virtuais, xa que non son consideradas pola compañía como distribuidores autorizados e que xa tiveron problemas no pasado por vender claves do Surgeon Simulator sen autorización ou comprar claves de Humble Bundle para vendelas a un prezo maior

Far Cry 4 terá novas misións en Xaneiro

Por: Luns, 22 de Decembro de 2014, 13:00 COMENTAR

FC4_DLC_030_CHOPPER_1418920091

Far Cry 4 recibirá o vindeiro 13 de Xaneiro un DLC chamado “Escapa da cadea de Durgesh” que engadirá misións en solitario ou en cooperativo multixogador.

As misións centraránse en fugarse do caldeiro de Yuma e terá como un dos seus grandes retos o feito de non ter puntos de gardado, polo cal unha morte suporía ter que comezar de novo.

far-cry-3
Tal e como declarou Tony Key, vicepresidente de márketing de Ubisoft, a compañía está encantada co éxito que tivo o «FarCry 3» e pronto publicarán información da seguinte entrega da saga.

“Estamos como tolos co FarCry 3. É unha gran marca e agora ten o recoñecemento que merece, así que claramente imos facer outro: máis información pronto.”

Segundo as declaracións de Key, Ubisoft está a traballar co convencemento de que hai unha gran demanda de videoxogos cun “mundo aberto”:

“Penso que o mundo aberto representa o futuro dos videoxogos e niso estamos a investir gran parte dos nosos recursos porque cremos que iso é o que os usuarios queren”

“Non queren linealidade: queren un mundo aberto. Pero entendo que sempre haberá sitio para experiencias lineais.”

Xa houbo pola rede certos rumores que dicían que a nova entrega chegaría durante o primeiro trimestre de 2014.