«Far Cry» de rebaixas en Xbox Live

Por: Martes, 7 de Xaneiro de 2014, 21:00 COMENTAR

far-cry-3

Ata o vindeiro día 14 de xaneiro, os membros Gold de Xbox Live teñen a posibilidade de descargar os xogos da saga «Far Cry» con grandes descontos de ata o 75 %.

Título: Prezo orixinal: Prezo rebaixado Desconto:
· Far Cry: Instincts Predator 14,99 3,74 € (-75%)
· Far Cry 2 9,99 2,49 € (-75%)
· Far Cry 2: Fortune’s Pack 4,79 1,19 € (-75%)
· Far Cry 3 29,99 14,99 € (-50%)
· Far Cry 3: Deluxe Bundle 9,49 4,74 € (-50%)
· Far Cry 3: Blood Dragon 14,39 4,74 € (-67%)

far-cry-3
Tal e como declarou Tony Key, vicepresidente de márketing de Ubisoft, a compañía está encantada co éxito que tivo o «FarCry 3» e pronto publicarán información da seguinte entrega da saga.

“Estamos como tolos co FarCry 3. É unha gran marca e agora ten o recoñecemento que merece, así que claramente imos facer outro: máis información pronto.”

Segundo as declaracións de Key, Ubisoft está a traballar co convencemento de que hai unha gran demanda de videoxogos cun “mundo aberto”:

“Penso que o mundo aberto representa o futuro dos videoxogos e niso estamos a investir gran parte dos nosos recursos porque cremos que iso é o que os usuarios queren”

“Non queren linealidade: queren un mundo aberto. Pero entendo que sempre haberá sitio para experiencias lineais.”

Xa houbo pola rede certos rumores que dicían que a nova entrega chegaría durante o primeiro trimestre de 2014.

Se queredes ver como se fixo

Creado por | devinsupertramp

Curtametraxe de Far Cry 3

Por: Martes, 20 de Novembro de 2012, 15:06 COMENTAR

Ultimamente están a sacar bastantes curtametraxes sobre videoxogos e todos e cada un deles cun cariño “amateur” que se debe ter en conta á hora de valorar.

O último en ofrecer esta curta é a versión mini-cinematográfica de Far Cry 3, cunha posta en escena sublime, uns efectos espectaculares e unha dirección que te engancha dende un principio.

Pena que o seu argumento non sexa de maior calidade pero compensado de sobra co humor negro.

Novo tráiler de Far Cry 3

Por: Mércores, 24 de Outubro de 2012, 12:49 COMENTAR

Ubisoft é unha compañía que non para, e nas próximas semanas non só sacarán ao mercado o esperado Assassin´s Creed 3 senón que Far Cry 3 aterrará moi pronto. Parece que é o momento de sacar todas as terceiras entregas.

Eu centrareime no último vídeo de Far Cry 3 no que nos presentan ao malo do xogo, e a palabra “malo” non se queda atrás, é máis, é bastante miúda para o antagonista do xogo, que nos amosa toda a crueldade que pode ter unha persoa.

Por sorte alí estaremos nós, acompañados dun “careca” que nos axudará na nosa misión.

O 29 de novembro poderemos catar este título.

Tráiler de Far Cry 3

Por: Xoves, 22 de Marzo de 2012, 14:34 COMENTAR

Ubisoft acaba de lanzar aos medios o primeiro tráiler con gameplay da terceira entrega de Far Cry.

Como novidades temos que resaltar as misións con cogumelos alucinóxenos, voos en ala delta e o emprego de lanzachamas o que nos fai deducir que volveremos ter as fantásticas animacións dos anteriores videoxogos así como uns gráficos moi coloridos.

Así, só queda esperar a confirmación da data de saída por parte da compañía desenvolvedora.