fallout-lanius
Un grupo de fans australianos rodaron, grazas a unha campaña de financiación online (o tan de moda “crowdfunding”), unha curtametraxe sobre o Legado Lanius, personaxe que aparece no FallOut: New Vegas.

Despois de conseguir recadar algo máis de 19 mil dólares o pasado mes de decembro, recentemente remataron a produción da curta e publicárona en YouTube.

“Á beira da ruina, o pobo de Hidebark está a piques de ser escravizados pola Lexión de César. Con todo, o seu máis cruel guerreiro preferirá a morte á deshonra. “FallOut: Lanius” contará como un simple home levará á ruína ao seu pobo, debido á súa sede de sangue e vitoria.”

.

Máis información na páxina da campaña de financiación.

frase-fallout-new-vegas

«Moitas persoas teñen opinións sobre cousas das que non saben nada. E canto máis ignorantes son, máis opinións teñen.» (Thomas Hildern)

Vía | Imgur.com

fallout-house

O que moitos pensamos que sería…

Vía | Imgur.com