21 anos dunha carreira mítica

Por: Venres, 11 de Abril de 2014, 9:00 COMENTAR

Hoxe, 11 de abril, cúmprense 21 anos da mítica carreira de Ayrton Senna baixo a choiva no trazado británico de Donington Park no Gran Premio de Europa de 1993.

E que ten isto que ver co mundo dos videoxogos, preguntarédesvos algúns. Pois ben, aquela carreira foi patrocinada pola compañía xaponesa Sega e o trofeo para o campión era unha figura do personaxe máis popular dos seus videoxogos, Sonic, tal e como podedes ver na seguinte imaxe.

Un mito sostendo a outro.

Un mito sostendo a outro.

O nome oficial desta carreira é XXXVIII Sega European Grand Prix e foi a única carreira de Fórmula 1 disputada nese circuíto.Unha das moitas curiosidades desta carreira foi que Ayrton Senna marcou a volta rápida cun tempo de 1:18.029s na volta 57 entrando en boxes (posiblemente a única da historia marcada así), debido á configuración do trazado británico, pois a entrada dos boxes antes da última curva supón un aforro de moitos metros.

Por carreiras como esta e outras como o Gran Premio de Mónado de 1984, o piloto brasileiro é considerado por moitos un dos mellores (senón o mellor) piloto da historia do automobilismo.

Alain Prost

O vindeiro 1 de maio cumpriranse 20 anos do falecemento de Ayrton Senna no fatídico Gran Premio de San Marino de 1994, onde o tamén brasileiro Rubens Barrichello sufríu un grave accidente na sesión de clasificación do venres e o austríaco Roland Ratzenberger faleceu nun accidente durante a sesión de clasificación do sábado.

f1-2013_1
Codemasters publicou o anuncio para televisión do seu novo simuladorde Fórmula 1, o F1 2013.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 1 de outubro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

f1-2013_1
Coincidindo coa celebración esta mesma fin de semana do GP de Italia de F1, a compañía Codemasters publicou este vídeo onde nos subimos, como non podía ser doutra forma no trazado italiano, no Ferrari F138 de Fernando Alonso para dar unha volta ao mítico Autodromo di Monza.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 4 de outubro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

f1-2013
Codemasters publicou un novo vídeo do novo «F1 2013» para amosar un dos seus trazados clásicos, o circuíto de Xerez.

Aos mandos dun Ferrari F1-87/88C de 1988, o 10 veces campión dun GP, Gerhard Berger rememora os tempos nos que ese circuíto acollía o Gran Premio de España de Fórmula 1. O tamén ex-piloto Anthony Davidson, que axudou no apartado técnico durante a creación deste xogo, coméntanos como sacar o máximo rendemento do coche en cada curva do trazado andaluz.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 4 de outubro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

f1-2013_1
Fai algúns días, tal como vos informamos nesta nova, Codemasters anunciaba a vindeira entrega do xogo de carreiras de Fórmula 1, o F1 2013.

Hoxe mesmo a compañía anunciou a data oficial de lanzamento, prevista para o vindeiro 4 de outubro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

Anunciado o «F1 2013»

Por: Luns, 15 de Xullo de 2013, 21:00 COMENTAR

f1-2013
Codemasters anunciou oficialmente o vindeiro lanzamento do F1 2013.

Como ven sendo habitual, nesta nova entrega, incluirán todos os circuitos, coches e pilotos da tempada 2013 de Fórmula 1.
O lanzamento está previsto para este outono para PC, PlayStation 3 e Xbox 360 e haberá dúas versións: F1 2013 e F1 2013: Classic Edition.

A maior novidade é un modo de xogo denominado F1 Classics, no que os xogadores poderán competir contra coches míticos dos anos 80 como o Williams, Lotus ou Ferrari nas mans de pilotos históricos como Mario Andretti, Nigel Mansell, Emerson Fitipaldi ou Gerhard Berger, entre outros moitos, en circuitos tan coñecidos como Brands Hatch e Xerez.

Na Edición Clásica incluirán un paquete con coches dos 90, como os Williams e Ferrari e pilotos como David Coulthard, Jacques Villeneuve, Eddie Irvine ou Alain Prost, entre outros.

Para os usuarios da versión normal do xogo, os paquetes Clásicos estarán dispoñibles como DLC.

Por outra banda, Steve Hood, director creativo de Codemasters, respondeu ás preguntas dos usuarios na súa conta de Twitter. Ante a pregunta dunha versión para a Wii U, respondeu que tería que ser un xogo moi diferente para simplemente poder funcionar na Wii U.

Á pregunta dunha versión para a PS Vita respondeu que simplemente non ten sentido financieiro para a compañía e xa teñen moitas cousas que facer.

Todos aqueles amantes dos carros de F1 e que pensen adquirir a próxima consola de sobremesa da Nintendo están de parabéns. A editora Codemasters acaba de afirmar que a F1 chegará á Wii U, supondo que posibelmente xa pensen no seu próximo capítulo.

Con isto a franquía de F1 ha de aterrar en todas as plataformas, incluídas 3DS, PS Vita e Wii U. Aínda así, tocante a esta última consola, Codemasters soltou unhas palabras, dicindo que confían en que Wii U reciba un prezo adecuado.

Veremos se esta confianza está ben apoiada.