Aparecerá Ezio en Soul Calibur V?

Por: Martes, 18 de Outubro de 2011, 15:05 COMENTAR

Con cada entrega de Soul Calibur os seus creadores teñen o costume de introducir algún personaxe exterior á saga para aumentar a diveridade dos seus loitadores.

Se facemos un pouco de memoria pasaron por Soul Calibur Link, Yoda e Vader, Kratos e non sei se me esquezo dalgún máis por aí, pero a noticia que nos invade hoxe é a posibilidade de que apareza Ezio, protagonista de Assassins Creed, na quinta parte dunha das sagas de loitas máis dinámicas do mercado.

Aínda non hai nada oficial, mais isto sacámolo dunha das conferenzas de Namco Bandai na que emitiron unha imaxe (aparentemente sen querer) na que viamos a Ezio entre os loitadores de Soul Calibur V.

Como xa dixen aínda non se sabe nada oficialmente, mais supoño que só será cuestión de tempo, porque se unha imaxe se filtra nunha conferencia da propia Namco, algo de verdade terá que ter, digo eu…