Este esquema é resultado dun estudo real publicado en improbable.com (podes lelo neste pdf, páx. 15 e seguintes). Nel analiza os 646 Pokémons (até a V xeración de xogos), considerando cada cadea evolutiva unha mesma especia (Pichu, Pikachu e Raichu aparecen como Raichu), e propón unha clasificación evolutiva a partir do Pokémon ancestro común. Eu se cadra discrepo na situación de Mew e Ditto, que deberían ser ancestros; e fáltame o ser humano, xa que no mundo Pokémon é de supor que os seres humanos son tamén en si mesmo Pokémons, como os humanos reais somos animais. Mais, ei, que está moi ben! Preme na imaxe para alargala.
A historia filoxenética e evolutiva dos Pokémons
Por que lle chaman evolución cando queren dicir metamorfose?
Canal | Nerdologia
[Infografía] A evolución das videoconsolas desde 1967 até 2013
Fonte | Online Game Design Schools
[Vía: Insanelygaming]
(Vía: Mundoretro)
O mellor repaso polos videoxogos da historia
Cantos vídeos hai que nos explican a evolución dos videoxogos? Unha chea deles. Mais como este non hai ningún…
Xa o vin unha vez, mais creo que o vou ver unha segunda…
Ola! Este é o mundo de Pokémon! Chámome Charles Darwin, mais a xente coñéceme como Profesor Pokémon. Este mundo está habitado por unhas criaturas chamadas Pokémon. Para algúns, os Pokémon son mascotas, porén outros úsanos para combater. Canto a min… estudo os Pokémon como profesión. Fíxenme famoso por expor a Teoría da Evolución.
Orixinal de The Slowpoke Well, vía Chuza!