A próxima vez que che digan que xogas demasiado… dilles que vas para cirurxián!
Vía | Geeks are Sexy
A próxima vez que che digan que xogas demasiado… dilles que vas para cirurxián!
Vía | Geeks are Sexy
Aínda coa resaca da feira do E3 enterámonos dunha mala nova para todos, o estudo responsábel da saga Hitman, IO Interactive, reducirá os seus traballadores á metade.
Parece ser que a crise chega a todos os ámbitos, e despois de que varios estudos tivesen que pechar as súas portas meses atrás, tócalle a IO Interactive, que se ben é certo que non desaparece, a súa plantilla redúcese o suficiente como para ter que cancelar outros títulos que tiñan pensado e centrarse unicamente na próxima entrega de Hitman:
Estamos a facer cambios significativos dentro do estudo para aliñar o noso negocio fronte a este mercado cambiante e deifícl. Así, IO Interactive centrarase principalmente no futuro da franquicia Hitman, no cal se atopa inmerso na produción dun novo triple A desta saga.
Porén, tivemos que tomar a difícil decisión de cancelar outros proxectos en IO Interactive e reducir a plantilla do propio, algo que afectará a case a metade dos empregados que se atopan actualmente dentro da compañía.
O que aínda non anunciaron foron os enigmáticos títulos que cancelaron ou que tiñan pendentes sacar, pero o que non cabe dúbida é que foi un golpe para o estudo. Conseguirá manter así a calidade do anterior Hitman en futuras entregas?
Por moito que o neguen algúns, está máis que sabido que os videoxogos teñen efectos positivos para o xogador, e no programa Redes, Punset tivo a oportunidade de falar coa neurobióloga Daphne Bavelier, a través dun estudo realizado pola Universidade de Rochester, que se centra nos xogos de acción, ben sexa en primeira ou terceira persoa.
Déixovos o vídeo do programa completo.
Aínda non sei o por qué destes estudos sobre temas superficiais, mais o seguinte estudo realizado por Vertical Slice dinos cal é o xogo máis terrorífico (quero entender desta xeración).
Qué parámetros segue este estudo?, pois valora o nivel de suor, pulsacións e a temperatura corporal durante diferentes partes do título.
Algúns dos xogos que tamén estaban no grupo eran a Resident Evil 5, Alan Wake e Codemned, pero o que se levou o primeiro premio foi a segunda entrega de Dead Space 2.
Aínda non lle vexo o sentido o estude este, mais a nivel de sustos creo que gañaría o Doom 3, xogando con auriculares e a escuras…tremendo, asegúrovolo.
En fin, aquí o estudo tonto do día.