Nunca perdas a esperanza

Por: Sábado, 26 de Maio de 2012, 20:00 1 COMENTARIO

Orixinal de cogumelando.com.br, adaptado ao galego por Memoria Pixelada.

O Kirby resucitará antes do Nadal

Por: Mércores, 28 de Setembro de 2011, 12:02 COMENTAR

Por se non o sabedes, o Kirby’s Epic Yarn non me agradou, non me agradou nada, e continúa sen me agradar por moi boas críticas que vexa pola rede. Tanto me ten, porque despois de ver o tráiler do próximo Kirby que vai chegar á Wii acougo un pouco. Kirby volta ás orixes mantendo as características que fixeron famosa a bóla rosa de Nintendo.

Até aquí nada novo, mais a nova escríboa porque se acaba de adiantar o seu día de lanzamento. Se ben nun principio estaba previsto para o Nadal, agora o Kirby’s Adventure poderémolo probar o 25 de novembro.

Para que vos fagades unha idea do que será, déixovos o tráiler que se mostrou no E3.