Pasándome por Anaitgames vexo unha curtametraxe baseada na terceira entrega da saga Assassin´s Creed que resultada bastante espectacular, non só pola calidade da batalla que presenciamos, senón tamén por localización e ambientación.

Continua resultando gratificante ver como pequenas curtas conseguen achegarse bastante ao propio videoxogo, mentres que os filmes que sacan no cinema, con todos os millóns invertidos, son proxectos para o esquezo.

A estas alturas xa non sorprende a fermosura deste xogo realizado polos sempre xeniais Level 5, pero a cada pinga de tráiler que nos amosan quedamos paralizados amando este videoxogo polo preciosismo que nos invade.

Un mundo fantástico, uns seres extraordinarios, uns gráficos que nos fan amar…

Só queda esperar.

O certo é que aínda non probei a Demo de Mass Effect 3, pero estou tan convencido que este fin da triloxía vai estar á altura da saga que prefiro desfrutar directamente do título final.

Pero Bioware sabe como manter a nosa atención firme nesta terceira entrega de Mass Effect e preséntanos a versión extendida do tráiler emitido fai uns días.

Sobra dicir que é un espectáculo visual.

Para todas aquelas persoas despistadas, direi que só faltan 19 días para que o fin da triloxía de Gears of War chegue ás nosas mans. E como é habitual en Epic Games, antes do lanzamento sacan un tráiler dramático ao mesmo tempo que espectacular, rodeado dunha banda sonora triste e melancólica que nos promete algo grande.

Espectacular, dramático, impresionante.

Irmáns até o final.

Despois de ver a conferencia de Microsoft, eu resumiríaa en duas soas palabras: Tomb Raider.

Que si, que amosaron outro gameplay de Moder Warfare 3, que seguiron dándolle estirón a trapalladiña do Kinect con insultos a títulos como Mass Effect ou Ghost Recon, que presentaron máis Halos e Fables (que raro), pero despois de ver este vídeo do resurxir de Lara, pois case, case, podo perdoar calquera cousa.

Todo o que se presumía deste novo Tomb Raider era certo, tanto, que incluso hai situacións na que nos entristecemos e apenamos pola propia situación da protagonista, e todo isto sen contar co seu espectacular apartado técnico. Pola miña parte quizáis botase de menos algo máis de plataformas, pero aínda que todo siga así, vai ser un bombazo para o próximo ano, sen dúbida.

http://www.youtube.com/watch?v=c73inUf7k4Q&feature=player_embedded

Parece que estes días a actualidade está nas mans dos tráilers, pero co E3 aí o lado non me extraña moito, a verdade.

Desta volta tócalle facer acto de presenza a próxima xoia de Epic Games, e vemos un Gears of War máis espectacular que nunca (eu xa o vin tres veces e non me canso), cunhas escenas sorprendentes e o mellor (ou peor) de todo, que só dura un minuto e pouco. E por qué?, pois porque non necesita máis tempo para demostrarnos a todos que vai ser un enorme BOOOMMM dentro das nosas mentes.

Desfrutádeo e soñade con el.

O Gears of War 3 o 20 de setembro

Por: Mércores, 23 de Febreiro de 2011, 16:44 6 COMENTARIOS

Eliminade todo o que teñades da axenda e apuntade a seguinte data en letras ben maiúsculas: 20 de setembro.

Porque este día volverán os Locust, aclararase a relación entre Marcus e o seu pai, veremos a un Dom destrozado pola súa amada e retomaremos a guerra sanguinaria.

Moito máis épico, máis espectacular, novas armas e promete un maior nivel de motivación. En Gears of War 3 acabarase a triloxía polo que saberemos dunha vez por todas cal é o seu final.

Aínda non tedes ganas de telo nas mans? 20 de Setembro, 20 de Setembro, 20 de Setembro…

Gameplay de Uncharted 3

Por: Martes, 14 de Decembro de 2010, 18:51 COMENTAR

Parece que estos días o bo de Nathan Drake está moi solicitado, e non é para menos xa que a súa terceira aventura está saíndo cada vez máis a luz e calquera que xogase aos anteriores ben sabe que se acerca algo grande.
Agora podemos ver un pequeno tráiler no que se nos amosa ao noso protagonista no seu modo real do xogo.
Nestes intres atopamos que Nathan está encerrado nunha casa que está ardendo e polo que parece non ten ningunha gana de manterse naquel lugar.
E a partir de aquí volvemos ver a Naugthy Dog en acción, é dicir, espectáculo por todos os lados. Un lume perfectamente recreado, movementos do protagonista que reaccionan ante imprevistos, novos golpes finais, partes da casa derrubándose…
A intensidade continua sendo a súa gran baza, e máis a xogabilidade, e máis o apartado técnico, e máis…

http://www.youtube.com/watch?v=XcqN3TCxfxA&feature=player_embedded