call-of-duty-ghosts
A pesar dos rumores que apuntaban que a compañía Activision deixaría de lado a videoconsola de Nintendo, debido ás malas cifras de vendas da mesma, anunciaron o lanzamento de 6 novos títulos para a Wii U, entre s que figuran o «Call of Duty: Ghosts», «Skylanders SWAP Force», «Angry Birds Trilogy» e «Angry Birds Star Wars», entre outros.

Desta lista, chama especialmente a atención o FPS «Call of Duty: Ghosts», que xa confirmaron que incluirá soporte para o Wii Remote, así como para a pantalla secundaria do mando da Wii U.

O CEO de Activision Publishing, Eric Hirshberg declarou:

“Como xa dixemos anteriormente, estamos comprometidos a facer todo o que poidamos para apoiar á Wii U, que é polo que estamos tan animados para traer a esta plataforma algunhas das franquías de entretemento máis populares do mundo este mesmo ano.

A franquía Call of Duty continua sendo unha das máis potentes no mundo dos videoxogos e Skylanders segue a encantar aos novos fans ao redor do mundo. Os nosos estudos traballaron duramente creando novas experiencias inmersivas perfectamente adecuadas á plataforma Wii U e a nosa liña de lanzamentos de outono ten un pouco para todo o mundo.”

Por fin parecen chegar algunhas boas novas para a videoconsola de Nintendo, sobre todo, despois de que en maio Electronic Arts lle dera as costas anunciando que non lanzarían moitos dos seus títulos nesa plataforma, como o FIFA 14 ou o Madden NFL 25, entre outros.