2231753-image_unreal_engine_4_19497_2539_0022

 Se hai pouco era DICE a que excluía a consola de Nintendo da posibilidade de recibir software correndo sobre o novo motor gráfico Frostbite, agora foi Mark Rein, cofundador de EPIC, quen negou de xeito taxante a posibilidade de que a nova máquina de Nintendo soportase Unreal Engine 4.

 Ao ser preguntado publicamente por este asunto en conferencia, a resposta de Rain foi unha gargallada que contaxiou aos asistentes ao acto. Porén, o directivo de EPIC intentou matizar inmediatamente o explícito da súa reacción, desculpándose e aclarando que Wii U poderá sen embargo tirar moito partido do potencial de Unreal Engine 3.

 Mark Rein intentou posteriormente suavizar mais a súa resposta apostando pola vixencia do actual UE3, que “non desaparecerá por culpa do Unreal Engine 4”, e co que Wii U recibirá “xogos sorprendentes”.