O futuro dos videoxogos

Por: Luns, 5 de Setembro de 2011, 15:51 COMENTAR

Cando falamos do futuro dos videoxogos cada un imaxina cousas diferentes, uns apostan pola realidade aumentada, outros imaxínanse un futuro se mandos, mentres que eu prefiro pensar en estar deitado na cama, co meu mando tradicional xogando a un pedazo de xogo divertido.

Como dixen, cada un observa o seu futuro, mais este personaxe que vos amoso e a súa habilidade coa electrónica fan un exemplo do que podería ser o futuro do Motion Gaming.

O resultado é curioso e mola, e creo que os de Sony deberían estar agradecidos por esta publicidade que lle ofreceron.