Tres novos vídeos de “SSX”

Por: Martes, 24 de Xaneiro de 2012, 20:08 COMENTAR

Moi poucos xogos de Snowboard existen no panorama, pero sen dúbida o título máis representativo é SSX. Personalmente a súa terceira entrega gustoume bastante pola súa espectacularidade e velocidade, pero dende logo o que se ve nestes vídeos da nova entrega parecen aínda máis rápidos, e o certo é que a posibilidade de planear, ofrece máis variedade.

Segundo o seu director creativo, este novo SSX será moito máis grande (pódese comprobar que as pistas son moitísimo máis longas que as entregas anteriores) en canto a posibilidades, pistas e duración.

A continuación podedes botarlle unha ollada a estes gameplay para que vexades que Electronic Arts está realizando un xogo máis que decente.

Ler o resto da entrada »