simcity
A nova entrega do SimCity, a pesar da enorme polémica que está a xerar, acadou máis de 1 millón de copias vendidas nas dúas semanas que leva á venda, segundo un comunicado de Electronic Arts.

Nese mesmo comunicado, tamén incluíron outros datos de interese:

  • Os xogadores acumularon máis de 15 millóns de horas xogadas
  • Creáronse máis de 5,7 millóns de cidades.
  • Construíronse máis de 780 millóns de edificios.
  • Constríronse suficientes kilómetros de estradas e vías de ferrocarril suficientes para dar a volta ao mundo 40.000 veces.

Por outra banda, Electronic Arts afirmou que incrementou nun 400% a capacidade dos seus servidores, polo que os problemas de conexión, pode que pronto sexan cousa do pasado. Como xesto para pedir perdón, como podedes ver na súa páxina oficial, ofrecerán completamente gratis un videoxogo da seguinte lista aos usuarios polos problemas xerados.

  • Battlefield 3 (Standard Edition)
  • Bejeweled 3
  • Dead Space 3 (Standard Edition)
  • Mass Effect 3 (Standard Edition)
  • Medal of Honor Warfighter (Standard Edition)  
  • Need For Speed Most Wanted (Standard Edition) 
  • Plants vs. Zombies
  • SimCity 4 Deluxe Edition 

john riccitielloJohn Riccitiello, director executico de Electronic Arts abandonará o seu cargo o próximo 30 de marzo por vontade propia.

“EA debería ter feito mellor as cousas no seu último ano e síntome responsábel de todos os obxectivos non conseguidos”

origin
No marco da convención de seguridade Black Hat en Amsterdam, investigadores de ReVuIn deron unha conferencia titulada: “Inseguridade EA Origin: Cando os bugs locais se volven remotos… outra vez” na que demostraron que o programa de Electronic Arts permite a un hacker explotar unha vulnerabilidade que lle permite executar “código malicioso”, sen interactuación ningunha por parte da vítima.

Dende Electronic Arts, limitáronse a comentar que os seus equipos traballan contínuamente no seu sistema de seguridade, polo que cabe agardar que pronto solucionen o problema cunha actualización.

battlefield-4EA publicou recentemente unha nova imaxe promocional da vindeira entrega da saga Battlefield que ten previsto o seu anuncio o vindeiro 26 de marzo e rumoréase que a súa saída será para o outono-inverno deste mesmo 2013

simcity
Segundo comentou un usuario na páxina NeoGAF, investigando algúns arquivos do novo SimCity, descubríu unha liña do código que forza ao xogo a pecharse se o usuario está máis de 20 minutos sen conexión. Comentando esa liña de código permite que o usuario siga xogando sen ter que estar conectado aos servidores de Electronic Arts. A única pega disto é que, polo de agora, non se poden gardar as partidas ao non estar conectado ao servidor.

Este descubrimento ven a continuar coa enorme polémica creada polos fallos de conexión dos servidores aos que están obrigados a conectarse os xogadores para poder xogar ao videoxogo, como xa vos comentamos anteriormente

Mentres dende Maxis (creadora do videoxogo e propiedade de EA), seguen a excusarse en que o novo SimCity é un MMO debido, segundo eles, á demanda de moitos usuarios aos que lles gustaría poder xogar e comerciar con outras cidades doutros usuarios.

Os detractores (que non son poucos…) afirman que o «sempre en liña» é un DRM disfrazado e pretende controlar aos usuarios, dende a compañía afirman que é básico para o atractivo do videoxogo.

simcity

Días despois do seu lanzamento, o SimCity segue a crear polémica entre moitísimos usuarios, debido á necesidade de estar sempre conectado á Internet e os fallos de conexión dos servidores de Electronic Arts, que impiden xogar normalmente aos usuarios. E é que se obrigas aos xogadores a estar sempre conectado, como mínimo, deberíase ter unha infraestructura adecuada para soportar a demanda, sobre todo, cando eses usuarios pagaron unha boa cantidade para poder xogar.

simcity-online

Captura de pantalla dun dos problemas de conexión.

Onte mesmo, moitos dos furiosos seguidores desta saga viron a luz, cando un usuario publicou na páxina Reddit.com que aproveitando a posibilidade de facer modificacións que ten o xogo (como nas sagas anteriores que tanto éxito tiveron e que lle deron unha enorme vida), conseguíu habilitar o modo debug (desbichador, que traduciría un antigo profesor meu… xD) que lle permitíu xogar sen ter que estar conectado. Dende EA apresuráronse a eliminar o fío dos seus foros e comentar que se o xogo require conexión online é para aproveitar ao máximo certas características deste.

Outro dos motivos das iras dos usuarios é o reducido tamaño que teñen as cidades nesta entrega, moito máis pequenas que nas anteriores.

En vez de avanzar, parece que vamos para atrás…
Moi mal, Electronic Arts, MOI MAL!!!

Himno a EA…

Por: Xoves, 14 de Marzo de 2013, 15:17 COMENTAR

Os sempre xeniais e irreverentes integrantes de GamesAjare realizan un vídeo que pode gustar a moita xente, a outra seralle indiferente, mais a quen seguro non lle vai facer graza é a Electronic Arts.

Fonte | GamesAjare

road-rash
Dan Geisler, programador e co-deseñador das versións anteriores de Road Rash, confirmou que iniciará unha campaña na páxina Kickstarter.com para relanzar a saga “se hai suficiente interés”.

Despois de que fai uns días un fan publicara unha imaxe na páxina Reddit.com preguntándose porqué non se fixera unha nova entrega deste popular videoxogo dos 90, o mesmo Dan Geisler (incluíu unha imaxe propia para confirmar a súa identidade) respondeulle coa seguinte mensaxe:

Non se fixo un novo porque estaba esgotado despois de Road Rash 3. Pero estou disposto a facer outro agora. Só necesitei 20 anos de descanso. Estou listo para facer un mellor agora. Tamén boto de menos xogalo. Se hai suficiente interés, farei unha campaña en Kickstarter. Por certo, moitas grazas polo post. Dan Geisler, programador/co-deseñador de Road Rash 1, 2 e 3

Proba: http://imgur.com/rUZUtuq http://www.linkedin.com/pub/dan-geisler/4/228/496

Tras consultar á actual posuidora dos dereitos da saga, Electronic Arts, ésta respondeu: “Non podemos simplemente poñelo na tecnoloxía actual coa mesma xogabilidade de hai 10 anos, temos que ter algo novo”.

Mario-EA

O futuro dos videoxogos pinta mal…

Vía | Imgur.com

Battlefield3Segundo comentou Paul Raines (CEO de GameStop), EA amosou a nova entrega da saga Battlefield a un pequeno grupo de persoas.

Así o dixo Electronic Arts, confirmando que antes de que remate este novo ano fiscal (é dicir,antes de abril de 2013) teremos nas nosas tendas unha nova entrega de Need for Speed a o esperado Dead Space 3.

Polo de agora isto é o único oficial que publicou EA, pero como saberedes os rumores xa comezaron a surcar as redes.

No relacionado a Dead Space 3 poderemos viaxar a un planeta conxelado onde aterrou por accidente a nave do protagonista ou pola contra nun mundo escuro creado polo cerebro de Isaac.

Se falamos de Need for Speed todo apunta que será NfS:Most Wanted 2, pero esperemos a que Electronic Arts confirme estos datos.