Peter-Moore-EA-Battlefield-Conferencia-E3-teamplayers.jpg-600x369

Peter Moore, director de operacións de Electronic Arts, ven facer unhas declaracións á revista Polygon que contradín o argumentario de Microsoft de escudarse nas third parties para xustificar o seu ataque á liberdade dos usuarios. Lembremos que, precisamente, a implicación de EA de xeito moi especial no desenrolo de xogos para Xbox One foi un dos eixos centrais da conferencia de presentación da nova máquina de Microsoft.

Moore, sen embargo, sitúa o mercado da segunda man moi lonxe das preocupacións da súa compañía; “Como son o tipo que dirixe as operacións de electronic Arts, pódovos dicir que EA non será agresiva cos titulares das plataformas nin para poñer unha porta que permita ou non os xogos usados. Son un defensor dos xogos usados. Encántame o seu ecosistema”.

Tendo en conta que EA ven de eliminar os pases on line, parece que o xigante da industria quere cambiar a súa imaxe tras dous anos sendo escollida como “peor compañía de América”. Será Microsoft a sucesora en tan dubidoso honor?.

Novo tráiler do FIFA 14

Por: Venres, 7 de Xuño de 2013, 23:00 COMENTAR

FIFA14
A falta de poucos meses para o seu lanzamento, Electronic Arts comeza a campaña de publicidade da súa franquía futbolística que cada ano loita co seu principal rival, o PES de Konami, por ser “o mellor xogo de fútbol”.

Como cada ano, prometen melloras tanto en gráficos como na simulación das físicas e no control do xogo e para demostralo, acaban de publicar este tráiler.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 27 de setembro.

Novos erros coa actualización 2.0 do SimCity

Por: Mércores, 24 de Abril de 2013, 19:30 COMENTAR

simcity
Esta mesma semana, Electronic Arts lanzaba o parche de actualización 2.0 para o SimCity, mais parece que, se ben este parche elimina certos erros que tiña o xogo, está a xerar outros novos, como sobrecargas na rede de sumidoiros, problemas de tráfico, de son e cargando partidas gardadas, entre outros moitos.

Como era de agardar, os usuarios non tardaron en comentar en certos foros da rede, como o oficial de EA ou Reddit, para expresar a súa ira con estes novos erros. Outros tómano con máis humor e miran o lado divertido destes erros.

Polo de agora nin Electronic Arts nin Maxis se pronunciaron ao respecto destes novos erros e se xa están a traballar nunha nova actualización que arranxe estes novos erros. Polo de agora tocará agardar a que pronto o solucionen.

SimCity para Mac en xuño

Por: Xoves, 11 de Abril de 2013, 13:00 COMENTAR

simcity
Electronic Arts anunciou que os usuarios de Mac terán que agardar ata o vindeiro 11 de xuño para poder xogar a SimCity. O xogo só estará dispoñible a través da plataforma dixital Origin. O mellor de todo é que os usuarios de Mac poderán descargar unha copia gratuita para PC e viceversa, ademáis de poder xogar as súas partidas en ambas versións.

Por outra banda, fai uns días volveu estar dispoñible no xogo a “velocidade de leopardo” (máis coñecida como “Cheetah speed”), a velocidade máis rápida do xogo, que fora desactivada debido aos problemas dos servidores de EA. Tamén recentemente anunciaron que están a traballar duro na actualización 2.0 do xogo.

ea-next-gen

Vía | Imgur.com

battlefield-4EA anunciou que os usuarios que reserven Battlefield 4 terán un pack premium de expansión exclusivo sen custo adicional, ademáis da posibilidade de probar a beta multixogador. Ademáis tamén anunciaron a edición “Deluxe Dixital” que estará dispoñible a través da plataforma Origin que incluirá aínda máis contidos.

star-wars-old-republicDebido a unha actividade “menor da agardada”, EA anunciou que pechará os servidores de Asia-Pacífico de Star Wars: The Old Republic e os xogadores serán migrados aos servidores de América do Norte.

battlefield-4
Como prometera na súa páxina oficial, EA presentou hoxe un vídeo con 17 minutos de xogo ca campaña dun xogador do vindeiro Battlefield 4.

No vídeo podemos ver secuencias de combate en primeira persoa así como dous vehículos terrestres. Tal e como se puido ver nun tráiler filtrado en Youtube (xa se apresuraron os de EA a eliminalo), neste xogo tamén haberá vehículos acuáticos.

A creadora do videoxogo DICE só anunciou o seu lanzamento para PC, PS3 e Xbox 360.
Polos respostas de Karl-Magnus Troedsson, manager xeral do estudio á prensa, parece que non chegará á videoconsola de Nintendo Wii U:

“Non estamos vendo a Wii U agora mesmo.”
“Lanzarémolo nas plataformas que sentimos que son axeitados para a experiencia de xogo que temos.”

Cando se lle preguntou polas vindeiras videoconsolas de Sony e Microsoft, Troedsson comentou:

“Estamos en tempos moi interesantes agora mesmo. Estamos a piques de ver algo novo. Xa formamos parte destas transicións anteriormente e sabemos as grandes cousas que traen. Pero somos DICE. Levamos nisto uns 20 anos e non damos o salto tan rápido. Nós movémonos a un ritmo constante, pisando con moito coidado.”

A falta de confirmar, a súa saída está prevista para o outono deste 2013 para PC, PS3 e Xbox 360.

battlefield-4

Mentres agardamos polo evento no que mañá se presentará o Battlefield 4 e pasado mañá o primeiro trailer, seguen a saír novas desta nova entrega da aclamada saga.

Electronic Arts comentou que aqueles usuarios que reservaran o Medal of Honor: Warfighter terían acceso á beta do Battelfield 4, pola súa parte, DICE comentou que os usuarios “Premium” do Battlefield 3 tamén terán acceso a esa versión beta, que estará dispoñible este mesmo outono.

Segundo comentou Karl Magnus Troedsson (Director xeral de DICE) o pasado agosto, esta nova entrega seguirá a centrarse na “guerra moderna”: “Nós sentimos que este é un lugar que pode ser e continuar a serie. Battlefield 4 pode vivir neste espazo e ter moito éxito.”

O lanzamento do Battlefield 4 está previsto para o cuarto trimestre de 2013.

Máis información na páxina oficial.

army-of-two-devils-cartel
A unha semana do seu lanzamento, Electronic Arts publica un novo tráiler do «Army of TWO The Devil’s Cartel», que ten prevista a súa saída o vindeiro 29 de marzo.

Por outra banda, xa está dispoñible para descargar a demo do xogo para Xbox 360 e PlayStation 3.

simcity
Electronic Arts publicou recentemente o parche de actualización 1.7 para o SimCity, orientado maiormente aos problemas de conxestión de tráfico que ten o xogo.

Así, a compañía pretende arranxar outra das grandes polémicas que está a xerar o xogo entre os usuarios en numerosos foros e páxinas da rede.

Entre as principais características deste parche están:

  • Melloras no tráfico: mellorada a conxestión de tráfico e arranxados algúns problemas de tráfico nas interseccións.
  • Melloras no tráfico: os vehículos de emerxencia desprazaránse polos carrís vacíos para evitar o tráfico nas interseccións.
  • Melloras no tráfico: os vehículos de emerxencia e reparto terán prioridade sobre o resto do tráfico á hora de saír do garaxe..
  • Todas as unidades e edificios poderán ser demolidas coa ferramenta de demolición.
  • Novo servidor: Asia 2 estará dispoñible a partir do vindeiro martes.
  • Mellora do rendemento en sistemas de baixas especificacións.

Semana de descontos en Origin

Por: Mércores, 20 de Marzo de 2013, 12:00 COMENTAR

origin-ea
Nun novo intento por seguir potenciando a súa plataforma Origin e querendo dar as grazas aos seus máisde 40 millóns de usuarios, os de Electronic Arts comezaron hoxe unha semana de rebaixas de ata o 50 por cento en máis de 200 títulos do catálogo dispoñible.

Xogos como o Dead Space 3 por 24,97 €, o Crysis 3 por 34,97 € ou o Mass Efect 3 por só 10,25 €, son só algúns dos moitos títulos que podedes atopar na plataforma dixital. Se queredes ver o resto de títulos, podedes velos na páxina de Origin.

A oferta será válida dende hoxe mesmo e ata o vindeiro 26 de marzo.