Microsoft anunciou que os empregados de Microsoft recibirán unha edición especial de Xbox One. Será branca, cun ano de Xbox Live Gold gratis e todos os xogos first-party.
Xbox One branca exclusiva para os empregados de Microsoft
Edición especial de Beyond: Dúas Almas e primeiro tráiler con voces en castelán
Co inicio da campaña de reservas deste esperado videoxogo anúnciasenos a edición especial de Beyond: Dúas Almas, así como o primiero tráiler do título no que nos amosan as voces en castelán.
A edición especial contará con:
- Unha exclusiva caixa metálica
- Secuencia adicional de 30 minutos de gameplay
- Vídeos “entre bastidores”
- Banda Sonora oficial do xogo
- Tema dinámico para PS3
- Pack de avatares de PSN
Todo isto a un prezo de 69.99€, un prezo bastante accesíbel para a cantidade de extras que contén este pack.
E para os que eludides as dobraxes ao castelán pola súa calidade na maioría dos videoxogos, aquí tedes o primeiro tráiler de Beyond: Dúas Almas coas voces en castelán:
Xa había tempo que non aparecían estas edicións especiais que chamasen tanto a atención do usuario, mais volvemos ás andadas con The Elder Scrolls V: Skyrim.
Sen dúbida o que máis chama a atención é que inclúa unha estatua dun dragón. Con todo, descríbovos a seguir todos os detalles desta edición para que valoredes se vos convén gastar 150$ que custa esta edición especial.
– Estatua Alduin: Unha estatua de 12 polgadas fabricada en PVC.
– Libro oficial de “Arte de Skyrim”: Duascentas páxinas con ilustracións, rascuños iniciais, modelos, comentarios do director, etc.
– DVD de making of do videoxogo: DVD que non pode faltar nestas edicións que nos explica o seu desenvolvemento.
Eu non é que sexa moi amigo destas edicións, máis que nada polo prezo, mais se sodes afeccionados a coleccionar figuriñas podedédela reservar xa.
Lembrade que o videoxogo sairá no 11 de novembro.
Funeraria edición especial de Splatter House
Sempre comezo decindo o mesmo cada vez que me dirixo a estas edicións especias, que non me entusiasman demasiado, que gañan máis diñeiro do que merecen, que non ofrecen o suficiente… pero tamén é verdade que cada vez son máis orixinais.
A última que vín foi a de Splatter House, e por qué me chama a atención?, pois sóbravos con ver a seguinte imaxe, e obviaredes que queda impresionantemente ver o propio videoxogo dentro dun féretro.
Impresionante.
Iso si, non sei o seu prezo nin teño ganas de sabelo, porque vendo como é, dubido moito que sexa precisamente… barato.