dead_space_wallpaper_by_rai_130

A franquicia Dead Space é un dos claros exemplos de como non hai que evolucionar, porque se ben é certo que a primeira entrega foi un soplo de aire fresco nunha xeración chea de FPS, a segunda abandonaba un chisco o survival horror e tensión previa, para dar paso a unha terceira parte a cal xa podemos definir como xogo de acción.

Pero sabemos que Dead Space é un nome con forza e con suficientes fans como para seguir nunha nova entrega, mais despois de tantos rumores anunciando unha cancelación da cuarta entrega, o responsábel de EA Games, Patrick SÖderlund, sacou estas declaracións:

Eu non diría que a franquicia estea cacelada. Para nós foi unha marca feita por un equipo apaixonado (Visceral Games). Está o equipo traballando nunha nova entrega de Dead Space? Non, non están.

Pero si que están a traballar noutro proxecto moi interesante, debemos velo dende esta perspectiva.

Que é mellor, poñelos a traballar nunha cuarta entrega despois da realización dos tres anteriores ou poñelos a facer algo novo que realmente queren facer?

Cando se lle pregunta se volveremos ver un novo Dead Space a resposta é a seguinte:

Haberá outro Dead Space? Quen sabe? Matamos á saga? Non, dende logo que non. Mais agora mesmo ese equipo de desenvolvemento está centrado noutra cousa que vos fará moi felices a ti e a outros xogadores.

Pero a verdadeira pregunta é, que novo título está a preparar Visceral Games? Seguirá plantexando unha aventura de medo, ou pola contra cambiará completamente de temática?