codigo wii

A pouco máis dun mes de que a feira dos videoxogos por excelencia, o E3, dea comezo, os rumores comezan a aflorar, e un dos que máis chama a atención é que Nintendo podería presentar un novo sistema.

Así aparece reflexado no código fonte da web oficial da compañía, pouco antes de que e apresurasen a borrala.

Despois da mala época que está a pasar Nintendo a ninguén nos estraña que pretendan avanzar e cambiar de estratexias, mais de aquí a presentar unha nova videoconsola hai un treito moi grande.

Mais este novo sistema pódese referir a algún que outro dispositivo que relance as súas ventas, quén sabe.

E3MicrosoftPhilSpencer-1

Microsoft non o está facendo ben, isto sabíase dende o fracaso de presentación da súa Xbox One e neste momento podemos asegurar que a PS4 está moi por diante da Xbox One.

Microsoft sabe isto perfectamente, polo que despois de poñer como xefazo a Phil Spencer, a súa gran primeira intervención é para dicir que neste E3, Microsoft vai traer o mellor catálogo de contido en moito tempo.

Estamos nos inicios da nova xeración e obviamente Sony tivo un gran lanzamento. A industria do xogo en consola está a facelo incriblemente ben nestes momentos. Fai seis meses todo o mundo preguntábase se o feito de xogar en consola había morto…mais esta é unha longa xeración e teño a creencia de que os grandes xogos crean as mellores plataformas.

Acabou mencionando que a súa conferencia no E3 centraríase en exclusiva nos videoxogos, con moi poucos executivos en escena e que duraría aproximadamente 90 minutos.

Criterion presentará o seu novo proxecto no E3

Por: Martes, 28 de Xaneiro de 2014, 16:22 COMENTAR

need for speed most wanted

Criterion Games, famosa por elevar a velocidade ao máximo esplendor coa saga Burnout fixo uhas declaracións sobre como será o seu próximo títulos:

Cambiamos moito. Cando somos adultos, encollemos, cambiando a forma. Novas persoas entran e outras antigas vanse. Iso é algo propio da natureza do negocio. Non se pode estar quieto en absoluto, non creo que se poida xamais. Iso é sen dúbida un gran foco para nós: sempre cambiar, adaptarse e innovar.

Fixemos Need for Speed: Hot Pursit xusto despois de Burnout: Paradise. Despois fixemos Need for Speed: Most Wanted. Entón dímonos conta que queriamos facer algo novo.

Encantaríame ofrecer o lado máis aberto do noso equipo, mais simplemente agora non é o momento adecuado. Cando chegue o momento, vamos a ser moito máis abertos do que fomos durante os últimos anos. Encántame que xa estea cerca o E3 para dar a coñecer máis. É unha pena que non poida dicir moito máis.

Toca agardar até o E3 que se celebrará durante os días 10, 11 e 12 de xuño, para ver se van innovar algo ou seguiremos vendo xogos de calidade, pero moi similares.

«Games with Gold» de setembro

Por: Venres, 30 de Agosto de 2013, 23:00 COMENTAR

games-with-gold
Dende que o pasado xuño, o anunciara na súa conferencia no E3, Microsoft está agasallando con dous xogos ao mes aos membros Gold de Xbox Live. Nos meses anteriores puxeron de balde títulos como o «Assassin’s Creed II», «Dead Rising 2» ou «Crackdown».

Durante a primeira quincena do setembro, os que teñades unha subscrición Gold, poderedes descargar de balde o «Magic 2013», adaptación do coñecido xogo de cartas. Para a segunda quincena, teredes dispoñible o shooter «Tom Clany’s Rainbow Six Vegas».

Esta promoción durará ata o vindeiro decembro.

Xbox One 1
Na súa conferencia no pasado E3, a compañía Microsoft anunciara o lanzamento da súa nova videoconsola Xbox One este mesmo novembro de 2013 nun total de 21 mercados diferentes, pero agora chegan malas novas para os xogadores de oito deses mercados e tocaralles agardar a 2014 para poder desfrutar dela.

Podedes estar tranquilos, o mercado español non se verá afectado e recibirá a consola en novembro, tal como estaba previsto.

Os oito mercados que se verán afectados por este atraso son Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Países Baixos, Noruega, Rusia, Suecia e Suiza.

O resto de mercados onde non se verá afectada a data de lanzamento son: Australia, Austria, Brasil, Canadá, Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, México, España, Reino Unido, Estados Unidos e Nova Zelandia.

Comunicado oficial da compañía:

“No E3, anunciamos que a Xbox One estaría dispoñible en 21 mercados ao redor do mundo no seu lanzamento. Foi un obxectivo agresivo e o equipo estivo a traballar moi duro para entregar as videoconsolas ao maior número de mercados posibles.

A nosa prioridade é garantir que os nosos clientes obteñan a mellor experiencia coa Xbox One o primeiro día que está dispoñible. Para iso e debido á demanda, axustamos o número de mercados que recibirán a Xbox One en novembro a 13 mercados, incluíndo Australia, Austria, Brasil, Canadá, Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, México, España, Reino Unido, Estados Unidos e Nova Zelandia

Seguimos traballando para lanzar a Xbox One en Bélxica, Finlandia, Países Baixos, Noruega, Russia, Suecia e Suiza o antes posible en 2014.

Mentres que nós desexamos lanzar a Xbox One simultáneamente nestes mercados, hai moitos factores que determinan o tempo de lanzamento en mercados específicos. Isto inclúe o traballo de traducir a interface da Xbox One, incorporar voces e idiomas adicionais e establecer asociacións para levar aplicacións e contidos locais para cada país.

Entendemos que serán novas moi frustrantes para os nosos fans nos países afectados e estamos a facer todo o que podemos para levarvos a Xbox One o antes posible o ano que ven.”

mad-max
Despois do tráiler de presentación durante a conferencia de Sony no pasado E3, hoxe chéganos un novo tráiler titulado “Soul of a Man” de «Mad Max», videoxogo inspirado na mítica saga de cine que protagonizou Mel Gibson a comezos dos anos 80.

O lanzamento está previsto para 2014 para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

killzone-shadow-fall
Sony acaba de anunciar que os usuarios que fagan a reserva da exclusiva de PS4 «Killzone: Shadow Fall» recibirán como premio o paquete Shadow Pack, que incluirá:

  • Skin OWL: Dalle ao teu OWL unha apariencia única con estes skins exclusivos. Quen dixo que os drons de combate non poden ter a súa propia personalidade?
  • Movemento multixogador “Spotlight”: Celebra os teus triunfos sobre os xogadores inimigos no modo multixogador dun xeito único con este movemento especial de victoria.
  • Banda sonora oficial: Escoita a partitura cinematográfica de “Killzone: Shadow Fall”, que trae os dous lados do conflito á vida como nunca antes.

Por outra banda, onte fíxose público un vídeo de case 9 minutos de duración dunha demo que estivo dispoñible durante o pasado E3

Está previsto que esté dispoñible no momento do lanzamento da PlayStation 4, aínda sen confirmar.

destiny
Xa pasaron máis de tres semanas da súa presentación no E3 e agora Bungie publica o vídeo con máis calidade que os vistos ata agora, que eran gravacións en directo. No novo vídeo podemos apreciar con aínda maior detalle a calidade gráfica que terá o novo título dos creadores da saga Halo.

Na que os seus creadores denominan a “Bungie Week”, prometen amosar novidades deste xogo:

“Cada ano, no sétimo día do sétimo mes, tomámonos un momento para agradecer aos membros da nosa comunidade a súa pasión e entusiasmo polos nosos xogos. Publicaremos novidades de Destiny durante toda a semana e estades convidados á festa.”

Está previsto o seu lanzamento para PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One a comezos de 2014.

Fans do «Half-Life» antes do E3

Por: Domingo, 30 de Xuño de 2013, 17:00 COMENTAR

half-life-3

Vía | Imgur.com

Gamelab Barcelona 2013

Por: Martes, 25 de Xuño de 2013, 11:00 COMENTAR

gamelab2013

Non é o E3 de Los Ángeles mais está moito máis preto, a edición do Gamelab de Barcelona deste ano, xa a novena, desevolverase durante esta semana, e nela darase cita o máis importante da industria do sector dos videoxogos e do ocio dixital, non so a nivel estatal, se non mesmo a nivel internacional, xa que o evento pasa por ser un dos máis importantes de Europa no seu ámbito. Durante tres días o público poderá asistir a conferencias, mesas redondas e talleres, sendo os conferenciantes estrela desta edición xente coma Michel Ancel (creador de Rayman), ou Matias Myllyrinne (director de estudio de Remedy Entertainment, os creadores de Max Payne e Alan Wake) entre outros.

GoW en gamelab

Público asistente nunha edición anterior do Gamelab

Mais é portas adentro, nas sesións de networking entre profesionais, onde teñen lugar os encontros que dan sentido a este tipo de eventos. Se para o siareiro dos videoxogos a atención está centrada en probar determinado xogo novo, conseguir mercadotecnia exclusiva ou escoitar a algún dos seus ídolos creativos, para as empresas e os profesionais do sector trátase, case simplemente, de negocios. E é que non podemos esquecer que o noso hobby preferido move máis cartos que o cine e a música xuntos.

Como evento paralelo á feira fallaranse os premios da Academia Española de las Artes y las Ciencias Interactivas, na súa sexta edición, onde se se repasa a lista de finalistas e nominados, chégase a conclusión da importacia crecente que os xogos para dispositivos móbiles veñen collendo nos últimos anos, especialmente entre desenvolvedoras con orzamentos limitados. Nesta ocasión o premio de honra recaerá no visionario deseñador Will Wright, pai dos hipercoñecidos Sims. Na anterior edición este premio foralle outorgado a Kazunori Yamauchi, o creador do exitoso xogo de coches Gran Turismo.

Así que se estes días ides estar pola cidade condal, non deixedes de pasarvos pola feira e contarnos logo as vosas impresións.

 

ryse_sons_of_rome-004

Ryse: Son Of Rome presentouse coma un xogo revelación no pasado E3 sendo un título vehicular para a nova consola de Microsoft. O xogo póñenos na pel dun soldado romano que deberá abrirse camiño a base de combos nas guerras romanas. Deixou o público impresionado grazas o seu poderío gráfico e as revolucionaras mecánicas presentadas no apartado da xogabilidade.

Sen embargo, hai uns días apareceu un articulo no medio Kotaku onde podíase ler que os “Quick Time Events“, escenas onde temos que pulsar un determinado botón dentro dun tempo limitado, sairán exitosos aínda que o xogador os complete de forma errática.

Por suposto, as críticas non chegaron en acudir os foros de Crytek, desenvolvedora do xogo en cuestión, que non tiveron máis remedio que explicarse cá seguinte declaración:

Non queremos que os xogadores se sintan frustrados

Ryse tiña como obxectivo plantexar un novo tipo de desafío para os xogadores expertos no xénero do Hack & Slash e convertirse no rival directo de God Of War na consola de Microsoft, pero visto o visto, van ter que consider se rebaixar a dificultade é prudente para competir neste mercado cada vez máis especializado.

zelda_wallpaper___wiiu_demo___by_andrelevydeoliveira-d47yiws

Aínda que no presente E3 non se amosou material audiovisual do novo Zelda para Wii U, o produtor da lexendaria serie de Nintendo, Eiji Aonuma, declarou durante o evento que a demo técnica que pudimos contemplar no ano pasado non se relaciona co novo proxecto, se non que están a estudar novas técnicas gráficas.

Polo tanto, nin o estilo visual caricaturesco que coñeciamos co Zelda Wind Waker nin ó fantástico épico das dúas últimas entregas serán a base para a derradeira aventura de Link.

Non obstante, prometen deixarnos abrumados co desenvolvemento dun motor gráfico completamente novo feito especificamente para o xogo que ensinará ó mundo algo nunca antes visto nin experimentado con anterioridade.

Eiji tamén estivo a falar de que este Zelda será o primeiro en recibir contenidos descargables post-venta que alongará ainda máis a profunda experiencia do programa, sempre e cando o xogo así o precise e sexa completamente necesario.

Zelda para Wii U non ten data de lanzamento e o seu estado de desenvolvemento é ainda moi prematuro, polo que  estase a supoñer que non o veremos ata ben entrados no 2014.