Xogo ZombiU, adiviñades de que vai? (Fonte: http://www.ultimocontinue.com)

Ben sei que todos vós vistes a conferencia de Nintendo desde a nosa web e que seguistes ferventemente os nosos tweets, mais mesmo así vouvos facer aquí un resumo do que foi a conferencia da Nintendo.

Sorpresas, novidades, dispositivos revolucionarios e unha mudanza no futuro dos videoxogos. Iso é, basicamente, o que non vimos nesta conferencia de Nintendo. Non vamos negar que a Wii U está ben e pode ser moi interesante, mais Nintendo non mostrou nada que non esperásemos dela. E máis aínda despois do Nintendo Direct, onde vimos xa todo o que esta nova consola tiña a mostrarnos.

Todo comezou co carismático Shigeru Miyamoto presentando un xogo co que se vía francamente ilusionado, o Pikmin 3. 4 líderes para manexar, o novo tipo de Pikmin, Rock Pikmin(Pikmin Rocha) e un sistema de xogo misturando WiiMote e WiiU GamePad.

A Wii U, como tal, pretende revolucionar o noso salón. Nintendo dixo que a consola era baseada en tres piares: Xogos, social e entretemento. No apartado xogos mostrou 23 novos xogos da Wii U, no apartado social temos o seu xa coñecido Miiverse (que significa Mii Universe) e no apartado entretemento temos Netflix, Youtube, Amazon… servizos de vídeo baixo demanda, vaia. Nada que non esperásemos dela, e realmente nada que non teñan en maior ou menos medida as súas actuais competidoras. Ah! E cada WiiU poderá soportar 2 WiiU GamePads simultaneamente, aínda que non mostraron ningún xogo onde se xogase deste xeito.

Ler o resto da entrada »

Guía do E3 2012

Por: Xoves, 31 de Maio de 2012, 16:56 COMENTAR

Como todos saberedes no día 5 de xuño comeza o que probabelmente sexa o evento máis importante a nivel mundial na industria dos videoxogos. Estou a falar, é claro, do E3. Moitas conferencias, presentacións, novidades, revolucións… como non perder nada do que alí aconteza?

Pega a túa axenda e continúa a ler, porque vos imos preparar para todo o que vén aí!
Ler o resto da entrada »