Adam Orth abandona Microsoft

Por: Xoves, 11 de Abril de 2013, 12:55 COMENTAR

adam_orthTras as súas polémicas declaracións a pasada semana en Twitter (das que Microsoft se desligou rápidamente), parece que Adam Orth abandonará a compañía, se ben non se confirmou se foi por vontade propia ou forzado pola compañía. Agora é a comunidade dos videoxogos a que di: #dealwithit

xbox-720

Segundo a última filtración na web VGLeaks de varias capturas de pantalla do Kit de Desenrolo da vindeira videoconsola de Microsoft (nome en clave: “Durango”) requerirá a instalación de todos os videoxogos no disco duro, do que aínda se descoñece a capacidade, pero que segundo parece terá suficiente para un bo numero de xogos. Se ben os xogos serán distribuídos en discos BluRay, éstes servirán simplemente como método de distribución, pois non se poderá xogar directamente dende eles.

xdk1

Imaxe do instalador do kit de desenrolo.

Por outra banda, a videoconsola terá a función “Sempre acesa, sempre conectada” que permitirá a inmediata dispoñibilidade para que os xogadores non teña que agardar reiniciando a videoconsola ou instalando actualizacións, cun mínimo consumo de enerxía. Pese a esta política, similar a anunciada para a PlayStation 4, xa hai voces que critican que esa funcionalidade “sempre conectada”, só será un xeito de enmascarar un sistema antipiratería e que posiblemente sexa a que acabe co mercado de videoxogos de segunda man.

xdk5

Descrición das principais características do hardware

Segundo as imaxes tamén parece confirmarse o rumor que dicía que tería un novo sensor Kinect con maior sensibilidade.

Fonte das imaxes: VGLeaks.com

Filtrados os datos do novo sensor Kinect

Por: Venres, 22 de Febreiro de 2013, 10:00 COMENTAR

kinect
Hai uns días publicaron na web VGLeaks as características do sensor Kinect da vindeira videoconsola de Microsoft (nome en clave: Durango), da que tamén filtraron algúns datos tempo atrás.

Polo visto, todas as novas consolas incluirán este novo sensor, moito máis avanzado e con maior precisión que o seu predecesor.

Entre as novas características cabe salientar:

  • Un maior ángulo de visión: que pasa dos 57.5º horizontais e 43.5º verticais a 70º e 60º, respectivamente.
  • Calidade de vídeo: dos 640×480 píxeles a 15 fps, chegará aos 1920×1080 píxeles a 30 fps.
  • Calidade do sensor infravermello: dos 320×240 píxeles actuais aos 512×424 píxeles.
  • Latencia: baixa dos ~90ms actuais a ~60ms, co que terá unha resposta máis rápida aos nosos movementos diante do sensor.

Con todas as melloras anteriores, os rumores falan que este novo sensor permitirá recoñecer ata 6 xogadores ao mesmo tempo (claro que a ver quen ten un salón cun tamaño suficiente para 6…) e incluso será capaz de recoñecer se temos as mans abertas ou pechadas.

Máis datos na web VGLeaks