duke-nukem-ii-cover
No 20 aniversario do clásico shooter «Duke Nukem 2», 3D Realms traballou conxuntamente con Interceptor Entertainment para crear unha versión mellorada do videoxogo para dispositivos con iOS 6.

A segunda vesión do «Duke Nukem», lanzada en 1993, foi un coñecido shooter 2D de desprazamento lateral e foi a versión previa á entrega máis coñecida da saga, o «Duke Nukem 3D», un dos máis coñecidos FPS.

A versión para iPhone/iPad terá 32 niveis de disparos en 2D, con control táctil e marcadores online.

De que me soa a min isto?

Por: Mércores, 7 de Setembro de 2011, 18:57 COMENTAR

(Vía: nessofthelake)

Duke Nukem Forever

Por: Mércores, 22 de Xuño de 2011, 10:28 COMENTAR

Alá polo ano 1997 do noso señor, 3d Realms anunciou que ía desenvolver unha continuación para o exitoso Duke Nukem 3D, un shooter entretido caracterizado por un humor adulto e un ton desenfadado. Despois de 14 anos de estar que si, que non, que nunca se decide, chega por fin e da man de Gearbox o Duke Nukem Forever. E toca responder a pregunta, pagaron a pena os longos anos de espera? E como case sempre a resposta é depende.

O Duke Nukem Forever, non é un xogo que destaque graficamente, nin que teña unha historia espectacular, nin nada polo estilo, pero iso non significa que sexa un mal xogo, nin moito menos. É o que é, un digno sucesor do Duke Nukem 3D con gráficos mellorados e moita máis mala baba. Unha mala baba que é a que fai entretido o xogo, fai que os escenarios non se pasen de maneira monótona e dálle unha personalidade propia ao xogo, que se afasta do típico xogo de disparos ao Call of Duty, de temática máis seria. Ler o resto da entrada »

Duke Nukem Forever, por fin???

Por: Martes, 1 de Febreiro de 2011, 15:45 COMENTAR

Duke Nukem Forever

Pois si, fai uns días que 2K Games e GearBox Software anunciaron o lanzamento da continuación da mítica saga ‘Duke Nukem’ que chegará ás tendas (será desta???) o vindeiro día 3 de maio en Estados Unidos e o 6 de maio no resto do mundo. Estará dispoñible para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

Despois de 15 anos dende a saída do mítico ‘Duke Nukem 3D’ (1996), inumerables cambios de datas e ata de compañía, parece ser que será o vindeiro día 6 de maio cando por fin poderemos volver a desfrutar desta máis que coñecida saga de videoxogos.

Duke Nukem Forever

Páxina oficial

Por agora pouco se sabe do xogo, xa que soamente publicaron un pequeno trailer con algunha imaxe “ingame”, mais agardamos que pouco a pouco, segundo se vaia achegando a data de saída, se vexa algunha cousa máis.

Aquí tedes o trailer oficial:

A ver se esta vez é a definitiva e non temos que sufrir outro atraso para poder desfrutar de novo con este videoxogo.

Como anécdota, dicir que o 6 de maio xusto se cumpren 2 anos dende que 3D Realms anunciara a cancelación do proxecto por problemas de financiación, o que lle ocasionou algunhas disputas legais con Take-Two (propietaria dos dereitos de distribución da franquicia). Finalmente, outorgóuselle o traballo a GearBox Software.