doom4

Bethesda confirmou que id Software volveou revivir o proxecto do «Doom 4», despois de que unha versión previa non acadara as expectativas.

O vicepresidente de márketing e relacións públicas de Bethesda, Pete Hines, comentou:

“Unha primeira versión de Doom 4 non tiña a calidade e excitación que id Software e Bethesda pretendían e que os fans da saga agardaban.”
“Como resultado disto, Id centrou os seus esforzos nunha nova versión de Doom 4 que promete cumprir coas altas expectativas que todo o mundo ten para este xogo e esta franquía. Cando estemos preparados para falar do que id está a facer con Doom4, farémosvolo saber.”

Segundo certas fontes, o desenrolo desta entrega foi relanzada en 2011, despois de 5 anos de traballos previos e está prevista a súa saída para as videoconsolas da vindeira xeración.

Dende Bethesda alegan que id Software ten certos problemas de mala xestión e falta de comunicación, pero agora todo o persoal está a traballar no proxecto do «Doom 4», despois de ter aprazado ou cancelado outros proxectos do estudo, como o «Rage 2».