Non se pode pasar por alto o inferno que están sufrindo estos días o territorio nipón, tanto polo potente terremoto, como polo posterior tsunami que arrasou con todo o que colleu o seu paso. Pero non só isto, se non que unha das súas centrais nucleares ameaza con estoupar e un volcán erupciona despois de anos en repouso.

Neste caso é certo o dito de que as desgrazas non veñen soas, e ante tanto desolo, qué se pode facer?

Pois tentar axudar no máximo posíbel aos milleiros de nipóns que o perderon todo ante tanta catastrofe.

Así, compañías tan famosas como Nintendo,Sony e Namco Bandai comprometéronse a doar parte dos seus beneficios á recuperación do territorio asolado.

Concretamente Nintendo comprometeuse a doar 300 millóns de yenes, a mesma cantidade que doa Sony, mentres que Namco Bandai entregará 100 millóns de yenes (tamén suspenderá as máquinas recreativas para aumentar así o aforro).

Por outro lado, o productor de Blazblue, Toshimichi Mori mencionou a posibilidade de crear algún tipo de contido descargábel para Xbox 360 e PS3, e así doar os beneficios aos esforzos de socorro.

Sen dúbida unha proposta que se debería ter en conta,aínda que moito me temo que crearía desconformidades entre os usuarios se a calidade destas descargas non chegasen a un nivel óptimo.

Aínda así, vexo moi correcto a actuación destas compañías para tentar axudar na súa medida, o desastre que están a sufrir no Xapón.

Visto en: Wildgames