Cando unha fórmula funciona hai que sabela manter, é certo, mais tamén hai que saberlle introducir os suficientes cambios como para que o xogador non sinta que está xogando ao mesmo cunha interface diferente.
Isto é exactamente o que lle aconteceu á sexta entrega de Resident Evil, unha saga que dende fai dous capítulos emprega unha xogabilidade moi diferente aos Residentes do Demo iniciais, unha xogabilidade que trouxo grandes alegrías na cuarta entrega e que se soubo manter na quinta, acción en terceira persoa en busca das situacións máis espectaculares.
Ben é certo que Resident Evil 6 intenta seguir calidade dos antecesores, pero sen considerar que sexa un xogo para o esquezo, segue unha liña de xogo demasiado sinxela e que non chega a sorprender.