«Steam Holiday Sale 2013»

Por: Venres, 20 de Decembro de 2013, 10:00 COMENTAR

steam-holiday-sale
Xa están dispoñibles as ofertas de Nadal en Steam con descontos de ata o 80%.

Dende este mesmo xoves 19 e ata o vindeiro 3 de xaneiro haberá dous tipos de ofertas: ofertas diarias, que durarán 24 horas e ofertas flash que durarán 8 horas.

Dentro das ofertas diarias, agora mesmo podemos atopar:

Título: Prezo orixinal: Prezo rebaixado Desconto:
· Metal Gear Rising 19,99 € 13,99 € (-33%)
· Space Hulk 27,99 € 9,51 € (-66%)
· Dead Island 19,99 € 4,99 € (-75%)
· The Stanley Parable 11,99 € 7,19 € (-40%)
· BioShock Infinite 29,99 € 7,49 € (-75%)
· Dishonored 29,99 € 7,49 € (-75%)
· Monaco 10,99 € 2,19 € (-80%)
· Batman: Arkham Origins 49,99 € 24,99 € (-50%)
· Assetto Corsa 34,99 € 26,24 € (-25%)

Parecidos razoábeis nivel plaxio

Por: Martes, 7 de Maio de 2013, 18:24 COMENTAR

parecidos 1

parecidos 2

parecidos 3

Será un paxaro?
Será un avión?
Será Dishonored?
Será Bioshock?

Fonte | Imgur

Dishonored-wallpaper

Días atrás celebráronse os premios BAFTA onde diferentes organizacións galardonan aos títulos que consideran máis importantes do ano 2012.

O mellor parado foi Dishonored, que levou o premio a “Xogo do Ano”, mais o que levou máis mencións neste tipo de premios foi o xogo independente Journey, cun total de cinco.

A continuación tedes todos os galardonados.

Mellor Xogo: Dishonored
Acción: Far Cry 3
Logro Artístico: Journey
Logro Sonoro: Journey
Mellor Xogo Británico: The Room
Mellor Xogo de Debut: The Unfinished Swan
Mellor Deseño de Xogo: Journey
Mellor Xogo Familiar: LEGO Batman 2: DC Super Heroes
Mellor Innovación de Xogo: The Unfinished Swan
Mellor Xogo Móbil e Portábel: The Walking Dead
Mellor Xogo de Navegador: SongPop
Mellor Xogo Multixogador: Journey
Mellor Música Orixinal: Journey
Mellor Interpretación: Danny Wallace (The Narrator) – Thomas Was Alone
Mellor Xogo Deportivo: New Star Soccer
Mellor Historia: The Walking Dead
Mellor Xogo de Estratexia: XCOM: Enemy Unknown

Parece ser que non só de publicidade se alimentan as grandes compañías e que os bos xogos son recoñecidos polos xogadores de todo o mundo, así se confirma, xa que Dishonored, un título que chegou sen facer moito ruído está vendendo moito máis do esperado segundo a súa desenvolvedora Bethesda.

Que conleva isto? pois que Pete Hines (relacións púiblicas de Bethesda) non tardou nada en asegurar que con Dishonored teñen unha nova franquicia entre mans o cal asegura segunda entrega.

“Dishonored vendeuse moi ben fóra dos EEUU, así que estamos moi agradecidos a todos os fans que apoiaron a Arkane e o seu froito. Temos unha nova franquicia claramente”

A parte disto seguiron recalcando que Dishonored volvera ser número un en ventas esta fin de semana tanto en tendas físicas como en Steam.

Despois disto só me gustaría dicir que me entusiasma a idea de volver controlar a Corvo noutra aventura, aínda que isto conleve a posibilidade de que a orixinalidade se resinta e incluso a calidade.

Tamén resaltar as palabras de Bethesda mencionando a Arkane, verdadeiro creador do título, porque moitas veces só nos quedamos co nome do distribuidor e non do creador.

Se queredes ver a análise de Dishonored aquí.

Análise de Dishonored

Por: Xoves, 15 de Novembro de 2012, 17:09 COMENTAR

Aquí nada de Ratibrón

Como se fose unha lenda, cada certo tempo aterra nas tendas un videoxogo sen facer moito barullo, sen excederse coa publicidade, sen hypearse demasiado, pero ten un brillo invisíbel que o diferenza do resto dos videoxogos, un brillo que se detecta unha vez que insertamos o disco na consola e vemos o que nos ofrece, cada certo tempo aparece un elixido, e desta volta non se chama Neo, chámase Dishonored.

Ler o resto da entrada »

Tráiler interactivo de Dishonored

Por: Xoves, 4 de Outubro de 2012, 16:33 COMENTAR

Moitos de vós aínda recordaredes aqueles libros de “Escolle a túa propia aventura”, pois os creadores de Dishonored quixeron facer algo similar creando un tráiler interactivo onde vós elixides como queredes que o protagonista avance polo escenario.

Deste xeito dannos a entender que existirán moitas maneiras de resolver as misións, e neste tráiler vemos unhas cantas formas.

Se xa tiña ganas de probalo agora aumenta a súa porcentaxe, e para todos os que non o saibades, sairá o próximo 11 de outubro.

A próxima xoia en forma de videoxogo chegará en outubro e traerá o nome de Dishonored. O título estará das mans de Bethesda polo que temos unha garantía de calidade tendo en conta os xogos que preceden a esta compañía.

A continuación podedes ver as diferentes maneiras que se poden empregar para superar as diferentes misións, ben usar o sixilo como prIncipal método ou pola contra empregar a violencia e os nosos poderes para chegar ao final.

Tamén debemos mencionar os diferentes poderes que temos á nosa disposición que darán unha variedade moi ampla ao desenvolvemento do xogo.

Gústame o que vexo e o 12 de outubro poderemos confirmar se de verdade ten a calidade que promete.

Así é Dishonored en GIF

Por: Martes, 29 de Maio de 2012, 13:16 COMENTAR

Normalmente as novas son transmitidas por youtube e na maioría dos casos, cando o proxecto aínda está en fase moi temperá, non pasan de ser un pequeno teaser que tampouco ofrecen moito ao espectador.

Pero por que amosar un vídeo cando podemos ter un perfecto GIF que nos resume perfectamente o título co que nos vamos atopar?, pois isto mesmo debeu pensar Bethesda co seu novo proxecto Dishonored.

Deste xeito presentaron un gif que xa nos di moito do que nos vamos atopar. Pola miña parte, oxalá volvan empregar os gifs para outras presentacións.