A Wii U usará discos específicos de 25GB

Por: Mércores, 15 de Xuño de 2011, 13:47 1 COMENTARIO

Está claro que a actualidade deste mundo pixelado está nas mans de Nintendo, máis que nada porque cada día sacan datos novos sobre a súa próxima consola Wii U, e algúns destas novidades de bastante transcendencia como a que paso a comentarvos.

A Wii U empregará discos específicos creados por Nintendo de 25GB de capacidade (o que xa ten a PS3), e será incompatíbel con Blu-Ray e DVDs.

Concretamente estas foron as palabras de Iwata:

Cremos que bastante xente ten xa cacharros cos que reproducir Blu-Ray e DVDs, así que non merece a pena o coste de engadir esa funcionalidade a Wii U por as patentes relacionadas con esas tecnoloxías.

Pola miña parte teño que mencionar que non me preocupa este movemento que fai Nintendo, sempre e cando o seu prezo sexa razoábel, por suposto, pero aínda non mencionaron outro detalle que todos pasan por alto, a capacidade do disco duro.