shinji-mikami-profile-530px

Shinji Mikami, creador de Resident Evil, volve estar de moda grazas ao seu próximo traballo de survival horror, The Evil Within, mais non debemos esquecer a enorme polémica que trouxo a decisión de pasar o Resident Evil a unha saga de acción.

Polo visto a culpa foi das malas ventas dun remake, que lles fixo irse por outras vías:

O remake de Resident Evil é de feito un dos meus xogos preferidos da serie, mais non lle foi nada ben en ventas. Quizais non había moita xente preparada para aceptalo. Vendo a reacción con este remake, decidín traballar máis a acción en Resident Evil 4.

Resident Evil 4 sería un xogo máis terrorífico e máis enfocado ao horror, se o remake se vendese ben.

Todo recae no fracaso comercial do remake de Resident Evil, e que despois evidentemente Resident Evil 4 vendese tan ben. Teño unha especie de trauma con iso, porque o remake vendeu moito menos dos que a xente pensa.

Despois disto os rumores de que Resident Evil volva ás orixes recuperando o survival horror están aí, mais Mikami está traballando en The Evil Within, un xogo que promete facérnolo pasar realmente mal.