Análise de «FX Fútbol»

Por: Mércores, 22 de Maio de 2013, 16:00 COMENTAR

fx-futbol-1
Cando hai uns meses saíu a nova de que FX Interactive estaba a traballar neste proxecto, os fans da lexendaria saga dos 90, PC Fútbol, viron a luz despois de máis de 5 anos sen ningunha entrega e máis dunha década dende que a defunta Dinamic Multimedia lanzara o que para moitos foi o mellor de todos: o PC Fútbol 2001 (xunto co 7.0, que tamén ten moitos afeccionados).
Ler o resto da entrada »

fx-futbol-1
Para os fans da saga de xestión deportiva, PC Fútbol que tanto éxito tivo nos anos 90, hai boas novas, pois o vindeiro 8 de maio, FX Interactive lanzará unha nova versión que tentará recuperar a esencia da saga, baixo o título FX Interactive.

Despois do paso a mellor vida de Dinamic Multimedia en setembro de 2001, moitos dos fans da saga vían como se perdía o que xa era unha tradición anual. En 2004, vimos de novo a luz, cando Gaelco Multimedia lanzaba o PCFútbol 2005 e nas dúas entregas seguintes antes da quebra de Gaelco non lograron convencer aos fans da saga orixinal polos numerosos erros que tiñan estes xogos.

Agora, xa en 2013, FX Interactive, creada polos mesmos que crearon Dinamic Multimedia, volve á carga e tratará de volver a acadar o éxito que no seu momento tivo. Veremos se o conseguen, como xa dixemos, a partir do vindeiro 8 de maio.

fx-futbol-2

fx-futbol-3

fx-futbol-4

fx-futbol-5

fx-futbol-6

Máis información na páxina de FX Interactive.