Cada vez que nos chega un destes diarios que nos van explicando como se desenvolverá o videoxogo de RAGE (aínda que de forma pouco crítica por suposto) colócome diante da pantalla do ordenador e desfruto do que estou a piques de ver. Porque de seguro que me vai gustar.

Desta volta fannos un repaso polos inimigos que teremos que eliminar ao longo da aventura e do seu comportamento.

Polo menos co que podemos ver son suficientemente intelixentes para saber que se estamos a disparar teñan que se pór a cuberto. De feito nalgunha das imaxes que se mostran no vídeo vemos como incluso perden eles de atacar para parapetarse nalgún lugar.

A ver se van máis alén e lle engaden puntaría, intelixencia para atacar ao mesmo tempo…