Despois de que Bethesda anunciase o xogo encabezado por Shinji Mikami baixo o nome de The Evil Within, agora comeza o contagotas a funcionar salpicándonos con pequenas doses de información.
O título correrá mediante o motor gráfico Id Tech 5 para sumerxirnos aínda máis nunha atmosfera claustrofóbica e meteranos na pel dun detective chamado Sebastian, que despois de achegarse a un escenario dun crime vese atrapado por unhas forzas extraordinarias nun mundo de pesadelos.
Como bo Survival Horror a falta de recursos, a escuridade e os seres malignos estarán presentes en todo momento, mais as trampas teñen unha importancia moi relevante no xogo, tanto á hora de sobrevivir como de combater.
Tamén quixeron recalcar que os escenarios transformaránse á medida que nós vaiamos tomando decisións, o que fai que dúas partidas non sexan iguais.
A verdade, a historia paréceme un tópico, mais o emprego e importancia das trampas gústame como recurso. Só queda ver exactamente a que se refiren. Tempo ao tempo.