Hai un tempo vimos como o bo de Nathan Drake camiñaba polo deserto até entrar nun poboado. Mais que problema tiña ese vídeo? Que estaba gravado en cualidade ruín e non se apreciaba tan ben a marabilla de videoxogo.

Mais agora Sony puxo á nosa disposición o vídeo en execelente cualidade, e irremediabelmente volve chamar a atención de calquera. E xa non me refiro aos gráficos (que deixan apampados a calquera), senón a detalles como de buscar auga para beber, lanzarse contra un inimigo desde unhas escadas, un chan que se derruba…

Estas pequenas cousas fan do Uncharted o que verdadeiramente é, mais por favor, por favor, engadídelle un chisco máis de dificultade…

Por suposto todo son faladurías, contos que viaxan de boca en boca, e o que toca rumorear nesta etapa é que o bo de Nathan Drake podería meterse noutro dos seus problemas no máis abrasador sol do deserto.
Como xa dixen, esta teoría non se basea en nada, pero despois de húmedos escenarios e cobas escuras non estaría mal que Drake cambiase un pouco de escenarios e se enfrontase ás zonas áridas.
Exipto?, estaría ben.
Polo de agora só digo isto para que non pensedes que nos esquecemos deste protagonista que tanto lle gustan os cus das súas compañeiras.
Esperemos que pronto teñamos máis e mellor información.