The_Last_Guardian

Xa non tiña boa pinta, que nin neste E3, un dos máis importantes dos últimos anos, amosasen nin un mínimo de The Last Guardian, algo non pinta ben.

E porque os xogadores temos tantas ganas de velo?, pois porque os seus creadores (nun inicio encabezado polo xenial Fumito Ueda), foron os encargados de ICO e Shadow of the Colloussus, dous títulos inmersivos e imrescindíbeis.

Pois ben, para alonxarnos de calquera temor de cancelamento, o actual responsábel e cabeza visíbel do proxecto, Shuhei Yoshida, afirma que o xogo está vivo e continúan traballando nel:

The Last Guardian segue vivo e coleando en termos de desenvolvemento. Abonda con visitar Japan Studio para ver que moita xente continúa traballando nel. Mais queremos estar confiados e seguros do que amosemos ao público, polo que estamos agardando o momento.

A parte disto tamén mencionou que a realización dun videoxogo non é nada doado de levar a cabo, e confesa que se a comunidade de xogadores non estivesen tan interesados neles, posiblemente xa terían cancelado o xogo:

O desenvolvemento dos videoxogos non é nada doado, e aínda que pareza que The Last Guardian é un caso extremo, eu non creo que o sexa. O que si é extremo é o interese para todos os xogadores do noso estudo. E isto é o que nos fai seguir adiante incluso cando nos atopamos con grandes dificultades técnicas. Se fose outro proxecto, probablemente o acabaramos deixando a medias.

A min non me da demasiada confianza que un xogo teña tantos problemas e non poidan nin amosar un mínimo, mais sexamos positivos e contemos que nun breve espazo de tempo poidamos observar algo de The Last Guardian.