Valve continúa a facer as cousas ben e despois de sacar o Portal 2 (do cal axiña teredes a respectiva análise aquí), agasalla os seguidores deste xogo coa banda sonora completa. E cando falo de completa non falo por falar, xa que se hai uns días nos poñían ao noso dispor un primeiro CD completamente gratuíto con 22 cancións para soñar, desta volta chegan cun segundo volume con 18 tracks que nos farán rememorar os mellores momentos deste delicado e delicioso videoxogo.

Mais non acaba aquí, xa que a propia compañía promete un terceiro álbum para completar a Banda Sonora de Portal 2.

Hai algunha escusa para non as escoitar? Descargar, descomprimir e premer o botón “play” para nos introducirmos de novo, desta volta auditivamente, no sinxelo e fantástico mundo de Portal 2. E por se non quedou moi claro, todos os volumes son de balde.

Descargar a Banda Sonora do Portal 2