Cando aínda non remataron as series finais da NBA, 2K sports xa adianta quen será a portada da vindeira edición do xogo deportivo máis premiado, o NBA2K, e faino apostando sobre seguro, escollendo ao que ten case que todas as papeletas para facerse co seu segundo anel (co permiso de Tony Parker e os seus Spurs), a megaestrela da NBA e actual MVP da liga regular, Lebron James.

NBA-2K14-portada-LeBron-James

Portada do NBA2k14 de 2K Sports

Volve así a saga a darlle protagonismo absoluto na portada a un so xogador actual, cousa que non acontecía desde a aparición de Kobe Bryant na edición de 2010. Xa que en 2011 recurriron a Michael Jordan, en 2012 ensaiaron con distintas portadas de xogadores clásicos e na edición de 2013 amosaron en portada á tripleta formada por Kevin Durant, Blake Griffin e Derrick Rose (na versión que se comercializou nestes lares substituíuse a Durant por Marc Gasol)

A compañía aproveitou a atención suscitada polo final de temporada para publicar nun curioso anuncio a colaboración do #6 dos Miami Heat:

 

Tamén no E3 de Los Angeles se viu un breve adianto de como lucirá o xogo na nova xeración de consolas, mais deixandolle todo o protagonismo, e por partida dobre, a “The King” James:

 

O xogo estará dispoñible a partir do vindeiro 4 de outubro para Xbox 360 e PS3, e coas súas saídas á venda para as novas Xbox One e PS4, sendo a notable a ausencia dunha versión para Nintendo Wii U.

No último trimestre poderemos logo comprobar se 2K Sports seguen a ser os reis do baloncesto virtual, ou ceden ventaxa hacia os seus competidores, xa que cómpre lembrar que, desta vez semella que si, EA Sports recuperará a súa franquicia NBA Live logo de tres anos consecutivos adíando o proxecto ao non conseguiren un producto de suficiente calidade.

Novas licenzas para o PES 11

Por: Xoves, 9 de Setembro de 2010, 8:41 COMENTAR

Konami conseguiu este ano a licenza da Copa Santander Libertadores, a ”Champions sudamericana”, e con esta licenza tamén aparecera? moitos clubes sudamericanos, máis abaixo tendes a listaxe.

Tamén me gustaría dicirvos que a demo do PES 11 de PS3 chegará o dia 15 de setembro para todos os usuarios; en troca, os usuarios de Playstation Plus (si, ese servizo de on-line de pagamento que inventou Sony) xa a desfrutan dende onte, 8 de setembro.

Arxentina:
C.A. Banfield
C.A. Colón
Estudiantes De La Plata
C.A. Lanús
Newell’s Old Boys
Vélez Sarsfield

Bolivia:
C. Blooming
Bolívar
Real Potosí

Brasil:
S.C. Corinthians
Cruzeiro
Flamengo C.R.
Internacional
São Paulo F.C.

Chile:
Universidad Católica
Universidad De Chile
Colo-Colo

Colombia:
Once Caldas
Atlético Junior
Independiente Medellín

Ecuador:
Deportivo Cuenca
C.S. Emelec
Deportivo Quito

México:
Chivas De Guadalajara
Monarcas Morelia
Monterrey
Club San Luis
Estudiantes Tecos

Paraguay:
Cerro Porteño
Club Libertad
Nacional

Perú:
Alianza Lima
Juan Aurich
Universitario

Uruguay:
Club Nacional
C.A. Cerro
Racing Montevideo

Venezuela:
Caracas F.C.
Deportivo Italia
Deportivo Táchira