halo-3
Dende hoxe, 1 de outubro e ata o vindeiro día 15, os membros Gold de Xbox Live poderedes descargar de balde o «Might & Magic: Clash of Heroes», tal como xa vos anunciaramos hai uns días.

Agora xa coñecemos o título que nos ofrecerán durante a segunda quincena deste mes de outubro e non será outro que o coñecido «Halo 3», título que xa anunciaran que incluirían nesta promoción, mais aínda non se sabía cando.

Lanzado ao mercado en setembro de 2007, foi o primeiro título da exitosa saga de Bungie para a Xbox 360.

Para os que non a coñezades, coa promoción «Games with Gold», a compañía Microsoft está a agasallar, dende o pasado xuño e ata o vindeiro decembro, con dous xogos ao mes aos membros Gold do seu servizo Xbox Live. Polo de agora, incluíron títulos principais como o «Fable III», «Assassin’s Creed II»ou «Dead Rising 2» e títulos arcade como o «Magic 2013» ou «Defense Grid: The Awakening», entre outros.