Capcom presentará un novo xogo en Xaneiro

Por: Luns, 29 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

Kazunori Sugiura, un dos productores de Capcom, declarou recentemente que o vindeiro mes de Xaneiro, Capcom anunciará un novo”xogo importante”.

Os rumores acerca de cal podería ser o xogo non tardaron en surxir, e os dous que máis forza teñen polo de agora son unha continuación da saga Dragon’s Dogma ou novas acerca do Deep Down, un proxecto para PS4 que xa leva bastante tempo sen dar novas de vida.