Xbox One 1
Pouco despois do seu lanzamento o pasado 22 de novembro, moitos usuarios queixábanse de que nas súas consolas non funcionaban os xogos en formato disco.

Para arranxar o problema, Microsoft enviaralle unha nova consola aos usuarios e, para mellorar o tempo de espera, poderán descargar de balde na consola defectuosa unha copia dixital dun xogo, entre os que se inclúen: Dead Rising 3, Forza Motorsport 5, Ryse: Son of Rome e Zoo Tycoon.

“Mentres enviamos a nova consola, queremonos asegurar de que os nosos usuarios poidan seguir xogando.”

“Imos ofrecerlle a cada un deles unha descarga dixital gratuíta dun dos títulos de lanzamento publicado por Microsoft Studios.”

Tráiler da historia de Dead Rising 3

Por: Luns, 11 de Novembro de 2013, 15:42 COMENTAR

dead-rising-3

Son eu ou o salto gráfico con respecto da próxima xeración non é tan importante como están a dicir. Polo de momento non me pareceu que ningún título dos que amosaron rechamase tanto, e agora, que nos chega o tráiler de Dead Rising 3, non vexo moita diferenza (ou ningunha) entre a Xbox 360 e Xbox One.

Obviamente falo deste tráiler que parece que non apostará pola calidade gráfica, e si polo número de personaxes en pantalla.

Dádelle a play e compartide a vosa opinión, porque a ver se vai ser cousa miña todo isto…

dead-rising-3
Capcom anunciou que Dead Rising 3 contará cun “Pase de tempada” por 29,99 € que ofrecerá aos xogadores un desconto do 25% nos catro DLC’s previstos polo de agora, que custarán 9,99 € cada un.

Segundo os plans da compañía, o primeiro DLC chegará en decembro, baixo o título “Operation Broken Eagle’, mentres que os outros tres, “Fallen Angel”, “Chaos Rising” e “The Last Agent”, chegarán en 2014.

Aproveitando a coñecida festividade de Halloween (que terá lugar esta mesma noite), a compañía nipona non perdeu a ocasión de amosarnos, co particular humor da saga, como podería ser esta celebración dentro do xogo.

O lanzamento está previsto para o 22 de novembro en exclusiva para Xbox One agás no mercado alemán, ao non superar as probas de calificación de idade do organismo encargado no país.

«Dead Rising 3» non sairá en Alemaña

Por: Venres, 11 de Outubro de 2013, 12:00 COMENTAR

dead-rising-3
Segundo confirmou a propia Microsoft, o xogo de nova xeración Dead Rising 3 non superou as probas de calificación do organismo alemán e bloqueou o lanzamento do título no país xermano.

“Dead Rising 3 non sairá á venda en Alemaña como parte da liña de lanzamentos da Xbox One o 22 de novembro, ao non conseguir acadar unha calificación de idade polo BPjM (Bundeprüfstelle für jugendgefährende Medien), organismo regulador do software de entretemento do país.”

“Aínda que Microsoft está decepcionado con esta decisión, respetamos os puntos de vista dos revisores e retiramos o Dead Rising 3 da liña de lanzamentos da Xbox One en Alemaña. Dead Rising 3 seguirá a estar dispoñible nos outros mercados o 22 de novembro. Máis aló diso, non temos máis comentarios.”

Aínda que a organización alemana non deu detalles dos motivos, este tipo de medidas non son novas, xa que as dúas entregas anteriores da saga xa foran baneadas no seu momento.

Novo vídeo de «Dead Rising 3»

Por: Martes, 3 de Setembro de 2013, 12:00 COMENTAR

dead-rising-3
Capcom publicou un novo vídeo do Dead Rising 3 onde podemos ver con imaxes dentro do xogo, que esta terceira entrega seguirá fiel ao estilo das dúas entregas anteriores e poderemos seguir masacrando zombies coas máis estrañas armas e vehículos, cunha mellora máis que notable no quizáis punto máis feble: os gráficos.

Aínda non se coñece a data de lanzamento oficial, pero será un dos títulos do día de lanzamento da Xbox One.

Dead_rising_3_6

Aínda que no pasado E3 amosouse o xogo cun tono máis escuro e serio en comparación coa saga orixinal, Dead Rising 3 seguirá mantendo os momentos de risa que tanto caracterizaron os xogos anteriores.

Capcom distribuiu unhas imaxes esta mañá onde podemos observar o novo protagonista facendo estragos nos zombis con todo tipo de roupas surrealistas e armas de fantasía. Ainda que falta por concretar algúns aspectos sobre a utilidade dos smarthpones no apartado da xogabilidade, outras das características sería poder comprar roupa das tendas a distancia ou incluso poder chamar gardas de seguridade para que nos boten uhna man contra os caminantes.

Dead Rising 3 estrearase en exclusiva para Xbox One no mes de Novembro, pese a que todavía non falamos dunha data oficial.