«Games with Gold» de marzo

Por: Sábado, 1 de Marzo de 2014, 12:00 COMENTAR

games-with-gold
Aqueles de vós que teñades unha subscrición Gold na vosa conta en Xbox Live poderedes descargar durante esta primeira quincena do mes de marzo o xogo de estratexia Sid Meier’s Civilization Revolution, totalmente de balde, dentro da promoción «Games with Gold» coa que a compañía Microsoft está a agasallar dous xogos ao mes dende o pasado o mes de xuño do ano pasado.

Durante a segunda quincena, e como ven sendo habitual, teremos para descargar un xogo da categoría Arcade: o Dungeon Defenders.

En meses pasados, Microsoft ofreceu aos usuarios títulos como o Halo 3, Dead Rising 2 ou o Fable III, entre outros.

dead-rising
Na tenda online Amazon, filtrouse o lanzamento de «Dead Rising Collection», un novo pack para a Xbox 360 que incluirá Dead Rising, Dead Rising 2, Dead Rising 2: Off the Record, así como as “expansións” Case West e Case Zero por 24,99 libras esterlinas (uns 31 euros), dispoñible dende o vindeiro 24 de xaneiro.

Dende Capcom afirmaron que se trata de un erro, pois o lanzamento do título nin tan sequera foi confirmado.

Podedes consultar a ficha nesta ligazón.

games-with-goldSegundo as cifras ofrecidas por Microsoft, dende que comezaron a campaña en xuño, os xogadores pasaron un total de 120 millóns de horas xogando aos videoxogos que a compañía regalou aos subscritores Gold do seu servizo Xbox Live, entre os que se inclúen títulos como Fable III, Dead Rising 2 ou Rainbow Six Vegas. Nesta segunda quincena de outubro, están a regalar o Halo 3.

halo-3
Dende hoxe, 1 de outubro e ata o vindeiro día 15, os membros Gold de Xbox Live poderedes descargar de balde o «Might & Magic: Clash of Heroes», tal como xa vos anunciaramos hai uns días.

Agora xa coñecemos o título que nos ofrecerán durante a segunda quincena deste mes de outubro e non será outro que o coñecido «Halo 3», título que xa anunciaran que incluirían nesta promoción, mais aínda non se sabía cando.

Lanzado ao mercado en setembro de 2007, foi o primeiro título da exitosa saga de Bungie para a Xbox 360.

Para os que non a coñezades, coa promoción «Games with Gold», a compañía Microsoft está a agasallar, dende o pasado xuño e ata o vindeiro decembro, con dous xogos ao mes aos membros Gold do seu servizo Xbox Live. Polo de agora, incluíron títulos principais como o «Fable III», «Assassin’s Creed II»ou «Dead Rising 2» e títulos arcade como o «Magic 2013» ou «Defense Grid: The Awakening», entre outros.

«Games with Gold» de setembro

Por: Venres, 30 de Agosto de 2013, 23:00 COMENTAR

games-with-gold
Dende que o pasado xuño, o anunciara na súa conferencia no E3, Microsoft está agasallando con dous xogos ao mes aos membros Gold de Xbox Live. Nos meses anteriores puxeron de balde títulos como o «Assassin’s Creed II», «Dead Rising 2» ou «Crackdown».

Durante a primeira quincena do setembro, os que teñades unha subscrición Gold, poderedes descargar de balde o «Magic 2013», adaptación do coñecido xogo de cartas. Para a segunda quincena, teredes dispoñible o shooter «Tom Clany’s Rainbow Six Vegas».

Esta promoción durará ata o vindeiro decembro.

«Games with Gold» de agosto

Por: Mércores, 31 de Xullo de 2013, 22:00 COMENTAR

games-with-gold
A partir de mañá e ata o vindeiro 15 de agosto, os membros Gold de Xbox Live poderán descargar gratuitamente o videoxogo Crackdown, dentro da promoción «Games with Gold», coa que Microsoft está a agasallar ata decembro aos seus usuarios con dous xogos cada mes.

Na segunda quincena do mes, o xogo elixido por Microsoft é o Dead Rising 2, e incluso melloran a oferta incluíndo tamén o Dead Rising 2: Case Zero, precuela desta segunda entrega da saga de zombies.