dead-island-riptide
Grazas á compañía Deep Silver, só durante esta fin de semana, poderedes descargar e xogar de balde en Steam ao «Dead Island: Riptide», segunda entrega do xogo de zombies, Dead Island. O período de proba remata o domingo ás 10 da noite.

Se o probades e vos gusta, deberiades saber que mercándoo antes de que remate ese prazo, teredes un desconto do 66%, polo que o teredes por apenas 13,59 €. Así mesmo, os dous DLC’s, «Fashion Victim» e «Survivor Pack» teñen o mesmo desconto e podedes conseguir os dous por 2,36 €.

Se xa tedes instalado o Steam no voso ordenador, podedes descargalo premendo na seguinte imaxe:
dead_island_riptide_free_weekend

Requisitos de sistema:

Mínimo:

  • SO: Windows® XP, Vista ou 7
  • Procesador: Core2Duo® 2,66 GHz
  • Memoria: 1 GB de RAM
  • Disco duro: 7,0 GB libres
  • Tarxeta gráfica: ATI® 2600XT 512 VRAM ou GeForce® 8600GT
  • DirectX®:: 9.0c

Recomendados:

  • SO: Windows® 7
  • Procesador: Core2Duo® 2,66 GHz
  • Memoria: 4 GB de RAM
  • Disco duro: 7,0 GB libres
  • Tarxeta gráfica: Nvidia® GeForce® 9600 (1 GB)
  • DirectX®:: 9.0c

Máis información na páxina de Steam.

dead-island-riptide
Con motivo do lanzamento o vindeiro venres do «Dead Island: Riptide». a compañía Deep Silver publicou un novo tráiler desta segunda entrega da saga.

Por outra banda, a compañía pedíu desculpas por calquera ofensa que a edición do videoxogo «Dead Island: Riptide Zombie Bait», que inclúe a figura dun torso feminino sen cabeza e sen brazos, como podedes ver na seguinte imaxe:
dead-island-riptide-zombie-bait-edition

cabecera-dead-island

Xa na recta final antes do lanzamento da nova entrega de Dead Island, comeza a campaña de márketing e neste caso traémosvos un dos anuncios que serán emitidos na televisión.

A súa saída en Europa está prevista para o vindeiro 26 de abril.