Origin, o cliente de xogos para PC de EA, ofrécenos o Simcity 2000 Special Edition gratis (ficha na web de Origin) dentro da promoción On the house (Convida a casa). O xogo está en inglés e é compatíbel con Windows 7 mediante emulación de DosBox e DOS/4GW (o cliente Origin xa fai o traballo, non te preocupes con isto). Como contra, non trae o Urban Renewal Kit (o editor de edificios) nin as cidades que viñan no CD orixinal (mais se tes o CD podes incluílas no cartafol CITIES e despois de facer a sincronización en liña poderás usalas).
Para obtelo só tes que ter unha conta en Origin e ir a esta ligazón.