Eu aínda non me creo esta cifra, porque verdadeiramente é abrumadora.
Aínda recordo con claridade no E3 cando dixeron que tiñan previsto vender 5 millóns de unidades da súa “camariña” antes de que rematase o ano. E eu boteime a rir. Agora o que se ri é Microsoft coa enorme cantidade de millóns que gañou con este proxecto.
Vale, recoñezo que isto confirma que a cámara foi un éxito, pero a min o Kinect ségueme chamando tan pouco como un “zurullo” dun can. Nin me gustan estes detectores nin moito menos me gustan os pseudo-xogos que sacaron ao mercado até o de agora.
Pero como é que 8 millóns de persoas decidiron gastar 150 eurazos nesta cámara?, pois eu non o comprendo, non, a miña cabeza non me da para tanto.