Darksiders 2 sairá o 29 de xuño

Por: Mércores, 15 de Febreiro de 2012, 12:38 COMENTAR

As redes sociais son o medio para que moitas novas saian á luz sen necesidade de rodas de prensa nin similares, deste xeito os responsábeis da segunda entrega de Darkasiders anunciaron vía twiter que a data de lanzamento será o 26 de xuño no territorio americano e o 29 de xuño no territorio europeo.

Así, despois de moita demora por fin sabemos oficialmente a data de lanzamento de Darksiders 2, un xogo que gañou moitos seguidores grazas á inesperada primeira entrega.

Podedes ver o análise deste primeiro xogo dos xinetes aquí.

Data de lanzamento en Europa de PS Vita

Por: Mércores, 19 de Outubro de 2011, 11:36 COMENTAR

No país nipón xa existiron enormes colas de persoas só para reservar a próxima portábel de SONY, PS Vita, porque o 17 de decembro poderán probar en primeira persoa esta nova máquina.

Nipóns agardando para reservar a PS Vita

Aquí teremos que esperar uns meses máis para que chegue ás tendas Europeas a PS Vita, concretamente até o 22 de febreiro de 2012, e continúa co mesmo prezo, 250€ a edición sen 3G e 300€ con 3G adicional.

Non comprendo ben esta data, xa que se perden a campaña do Nadal, algo que lle viña moi ben para competir coa 3DS, que nesta etapa aterrarán grandes xogos para ela, cousa que sen dúbida aumentará as ventas da portábel de Nintendo.

Veremos se a potencia desta consola é suficiente como para que o seu lanzamento sexa máis afortunado que a 3DS.

The Darkness 2 o 7 de outubro

Por: Mércores, 4 de Maio de 2011, 19:55 3 COMENTARIOS

Un dos xogos máis infravalorados desta xeración vai ter continuación, e moito máis pronto do que esperabamos.

Tendo en conta que non amosaron case nada de The Darkness 2 (só unhas poucas imaxes e o teaser que o tedes a continuación) nunca pensei telo nas tendas tan relativamente pronto.

Así, o 7 de outubro é o día escollido para que volvan renacer os seres da escuridade, e nós, podelos controlar ao noso antollo.

Aquí vedes o teaser no que non se nos ensina case nada, pero sérvenos para saber que o título está máis que vivo.

O Gears of War 3 o 20 de setembro

Por: Mércores, 23 de Febreiro de 2011, 16:44 6 COMENTARIOS

Eliminade todo o que teñades da axenda e apuntade a seguinte data en letras ben maiúsculas: 20 de setembro.

Porque este día volverán os Locust, aclararase a relación entre Marcus e o seu pai, veremos a un Dom destrozado pola súa amada e retomaremos a guerra sanguinaria.

Moito máis épico, máis espectacular, novas armas e promete un maior nivel de motivación. En Gears of War 3 acabarase a triloxía polo que saberemos dunha vez por todas cal é o seu final.

Aínda non tedes ganas de telo nas mans? 20 de Setembro, 20 de Setembro, 20 de Setembro…