Explicativo tráiler de Darksiders 2

Por: Venres, 20 de Xullo de 2012, 15:09 COMENTAR

Se hai un xogo que levo esperando dende que rematei a primeira (e infravalorada) entrega é Darksiders 2, un xogo de aventuras no cal controlaremos a Morte, un dos xinetes da apocalipse e que castigará a todos os seus inimigos.

No seguinte tráiler os seus creadores explícannos as diferenzas con respecto ao seu antecesor, como maior liberdade de movemento, potenciación de armas e maxias, inimigos máis rápidos, personalización do personaxe…

Como vedes ten todo para converterse no GOTY (non me gusta esta palabra) do ano.

Se es dos que xa levan esperando esta segunda entrega desfruta dun novo tráiler que non fará máis que acrecentar as túas ganas, se pola contra non che tiran este tipo de xogos poderías botarlle unha ollada e ver como estás deixando pasar o que promete ser unha xoia de diversión.

Como sempre non botemos o carro antes que os bois e esperemos ao 21 de agosto, día no que chegará ás tendas.

Darksiders 2 sairá o 29 de xuño

Por: Mércores, 15 de Febreiro de 2012, 12:38 COMENTAR

As redes sociais son o medio para que moitas novas saian á luz sen necesidade de rodas de prensa nin similares, deste xeito os responsábeis da segunda entrega de Darkasiders anunciaron vía twiter que a data de lanzamento será o 26 de xuño no territorio americano e o 29 de xuño no territorio europeo.

Así, despois de moita demora por fin sabemos oficialmente a data de lanzamento de Darksiders 2, un xogo que gañou moitos seguidores grazas á inesperada primeira entrega.

Podedes ver o análise deste primeiro xogo dos xinetes aquí.

Este é outro dos títulos que espero con grande ansia. Por que? Máis que nada pola súa perfecta mestura entre aventura e beat’em up (tendo en conta que continúe cos pasos do seu predecesor, é claro). Vendo o seguinte vídeo confírmase o esperado, polo menos no tema das loitas.

Como saberedes, nesta segunda entrega non controlamos a “Guerra”, controlamos a “Morte”, pero repartirá igual de ben que o anterior. Así, podemos observar como emprega diversas técnicas e armas para facer desaparecer todos os inimigos que aparecen en pantalla.

Joe Madureira repite como director creativo (parece que ten bastante repercusión no mundo dos cómics). De feito non me desagradou en absoluto a estética do anterior título.

Polo de agora non temos data de saída, pero moito me temo que deberemos esperar até 2012 para volver encarnar un dos Xinetes da Apocalipse.

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=h4DWL7fS_zg

THQ sorprendeume gratamente fai un ano co grande título de Darksiders. Un xogo grande,divertido e moi entretido para aqueles que lle gusten as aventuras.
Agora sabemos que a segunda entrega xa está en desenrolo, e por palabras da propia compañía contará cun protagonista diferente:

“Terá un protagonista diferente e tomará lugar simultáneamente nos acontecementos do primeiro xogo. Hai un só Apocalipsis, non podía quedar moi ben ter catro Apocalipsis distintos, un para cada un. Ten algunhas novas mecánicas e certas características moi robustas que o diferenzan moito, medrando desde o primiero xogo

Particularmente o anterior protagonista gustábame bastante,se fan un xogo igual de divertido que o primeiro Darksiders, xa me conformo de sobra (probádeo).
Por certo,xa se comeza a falar que esta segunda entrega non chegará ata 2012,haberá que esperar.