road-rash
Dan Geisler, programador e co-deseñador das versións anteriores de Road Rash, confirmou que iniciará unha campaña na páxina Kickstarter.com para relanzar a saga “se hai suficiente interés”.

Despois de que fai uns días un fan publicara unha imaxe na páxina Reddit.com preguntándose porqué non se fixera unha nova entrega deste popular videoxogo dos 90, o mesmo Dan Geisler (incluíu unha imaxe propia para confirmar a súa identidade) respondeulle coa seguinte mensaxe:

Non se fixo un novo porque estaba esgotado despois de Road Rash 3. Pero estou disposto a facer outro agora. Só necesitei 20 anos de descanso. Estou listo para facer un mellor agora. Tamén boto de menos xogalo. Se hai suficiente interés, farei unha campaña en Kickstarter. Por certo, moitas grazas polo post. Dan Geisler, programador/co-deseñador de Road Rash 1, 2 e 3

Proba: http://imgur.com/rUZUtuq http://www.linkedin.com/pub/dan-geisler/4/228/496

Tras consultar á actual posuidora dos dereitos da saga, Electronic Arts, ésta respondeu: “Non podemos simplemente poñelo na tecnoloxía actual coa mesma xogabilidade de hai 10 anos, temos que ter algo novo”.