[Curtametraxe] A Sombra de Link

Por: Domingo, 9 de Xuño de 2013, 16:15 COMENTAR

Tres cazadores que andan pola floresta descobren un demo atrapado: Link Escuro! Unha batalla épica comeza para tentar impedir que o demo asasino chegue á vila. O home máis vello do clan reúne o seu maná e lanza unha luz ao ceo, coa esperanza de que apareza Link para salvalos.

Vía | Geeks are Sexy

Pasándome por Anaitgames vexo unha curtametraxe baseada na terceira entrega da saga Assassin´s Creed que resultada bastante espectacular, non só pola calidade da batalla que presenciamos, senón tamén por localización e ambientación.

Continua resultando gratificante ver como pequenas curtas conseguen achegarse bastante ao propio videoxogo, mentres que os filmes que sacan no cinema, con todos os millóns invertidos, son proxectos para o esquezo.

Curtametraxe de Left 4 Dead

Por: Martes, 31 de Xullo de 2012, 15:32 COMENTAR

Que queredes que vos diga?, os filme de zombies molan, argumentos de supervivenvia ante mortos aos que hai que eliminar da maneira máis brutal, quén di que non a isto?

Poucos directores hai que consigan captar a esencia (quédome co grandísimo Zack Snider) pero de cando en cando os propios fans deste tipo de filmes unen tamén o seu gusto polos videoxogos e o resultado é bastante bo.

Senón, mirade a curtametraxe de Left 4 Dead realizado por fans, non ten desperdicio.

A piques de ser presentado a nova entrega de Metro no E3, THQ acaba de lanzar unha curtametraxe con imaxes reais na que podemos observar como comezou esta historia.

Deste xeito, despois dunha serea que anuncia a caída de bombas nucleares, os habitantes da cidade fuxen cara o Metro a refuxirse da situación inminente.

Xenial recreación.

Tras o salto podedes ver algo de gameplay desta segunda entrega de Metro. A primeira parte sumerxíanos nunha ambientación espectacular que se promete repetir en Last Light.

Ler o resto da entrada »