Moitos proxectos saen da man de verdadeiros fans de videoxogos e a ningún se lle pode increpar nada pola súa falta de recursos.

Hoxe tócalle a un tráiler falso dunha hipotética película con actores reais sobre Dead Space. Aínda que a tensión claustrofóbica non a conseguen transmitir, a realización é impecábel.

Curtametraxe de Far Cry 3

Por: Martes, 20 de Novembro de 2012, 15:06 COMENTAR

Ultimamente están a sacar bastantes curtametraxes sobre videoxogos e todos e cada un deles cun cariño “amateur” que se debe ter en conta á hora de valorar.

O último en ofrecer esta curta é a versión mini-cinematográfica de Far Cry 3, cunha posta en escena sublime, uns efectos espectaculares e unha dirección que te engancha dende un principio.

Pena que o seu argumento non sexa de maior calidade pero compensado de sobra co humor negro.

A adapatación cinematográfica do Gears of War anda a dar tumbos e viravoltas sen rumbo fixo. Porén uns fans da saga non quixeron perder o tempo en esperas que posibelmente non cheguen a ningures e resolveron crear a súa propia mediametraxe.

Aquí só vos mostro unha pequena porción desta creación duns fans que pretende transmitir a esencia da saga. Honestamente non teñen moitos medios, nin existe moito espectáculo, mais sempre agradan estas cousas creadas por xente que de verdade gosta de Gears of War.

Aparentemente tentarán facer un filme duns 20 minutos. Eu, desde aquí, doulle o meu apoio.

Sen dúbida hai Oscars menos merecidos que para esta curtametraxe. Decerto que Portal: No Escape é o exemplo perfecto que debe seguir calquera director para transportar esta saga ao cinema.

De maneira que acomodádevos, porque durante sete minutos estaredes a observar o mundo de Portal na realidade, na cal a nosa protagonista pretende fugir dos seus capturadores.

Abraiante curtametraxe, abraiante.