Kinect falla con persoas de pel escura

Por: Xoves, 4 de Novembro de 2010, 12:14 COMENTAR

Unha das entradas co título máis raro que escribín na vida, pero parece ser que Kinect é racista,si,como escoitades,odia a calquera persoa de pel escura.
E todo isto grazas ás declaracións realizadas por persoal de Gamespot na que aclaran que persoal de pel escura tiveron serios problemas co “cacharro” de Microsoft.Parece ser que a un non o identificou de forma consistente e o segundo non foi capaz de identificalo a pesar dos seus intentos de calibración..
Por outro lado,os empregados de cor branca non tiveron ningún problema aprente.
Non sei como reaccionar ante esta noticia,pero dende logo é do máis curioso que se pode escoitar, e tendo en conta que o Kinect se pon á venta hoxe en Ianquilandia pronto saberemos máis de esta noticia.

Nada é o que parece, amigo

Por: Luns, 4 de Outubro de 2010, 19:54 COMENTAR

Ás veces o conto cambia e teño unhas imaxes que cercionan o dito:

Sonic non ten traballo e o que fai nos videoxogos ultimamente non está á altura, así que tense que adicar a outras cousas.

sonic-compro-oro

Tamén os de Street Fighter se adican a outras cousas, como cazar dragóns:

street-fighter-fantasy-739x1024

E Link ten unha pinta algo máis cruel e serio:

link-of-war

Mario vs Songoku

Por: Luns, 4 de Outubro de 2010, 15:36 COMENTAR

Se hai dous personaxes que movilizaron a varias xeracións estos foron Songoku e o bo de Super Mario, pero que pasaría se pelexaran entre eles?,un coa onda vital e outro coa bola de lume, un co teletransporte e outro cos saltos, un salvador do planeta e outro… tamén.

Deixémonos de palabras inútiles e mirade este vídeo que non ten desperdicio ningún.

Doces soños

Por: Xoves, 16 de Setembro de 2010, 12:26 COMENTAR

Doces soños

[Planeta Phixel] Entrevista a ICO

Por: Mércores, 15 de Setembro de 2010, 15:11 COMENTAR

ico 2

Moi boas tardes a todos os lectores que seguen as mellores entrevistas de toda a rede. Se anteriormente tiveramos a sorte de poder falar con Mario, desta volta continuamos no planeta Phixel e déronnos a oportunidade de conversar con ICO.

-Xa fai moitos anos que sufriches aquel percance naquela illa misteriosa, pero podes explicarnos coas túas palabras o que supuxo en ti?

-Xa estou ata os collóns da mesma pregunta e xa me canso de repetir o de sempre, uns piiiiiiiiiiiiii (pitido de censura) pensaron que estaba posuído e quixéronme encerrar par sempre, despois saín daquela cárcere e non sei como piiiiiiiiiiiiii sobrevivín.

-Parece que o noso convidado ten mal xenio, pero por favor ICO, pediríache que falases correctamente e non empregases palabras mal soantes.

-Eu vou falar como me sae da piiiiiiiiiiiiiii, piiiiiiiiiiiiiiii.

-Como inflúen esos cornos na túa vida social?

-Xa tivo que saír o piiiiiiiiiii tema, pois imaxínate ti, nos cines molesto aos de atrás, non podo poñer gorros,case non collo dentro dos coches…como ves non estou moi contento con eles, así que como volvas falar de eles, utilizaréinos para facerte calar piiiiiiiiiii.

-Tranquilo, aquí respetamos aos entrevistados, así que non tocarei máis o tema. E cambiando de conversa, onde se atopa Yorda?

-A verdade é que me denunciou e púxome unha orde de alonxamento,porque parece ser que a quixen secuestrar. Todo empezou despois de que saíra de aquel cilindro onde me deixaron os piiiiiiiiiii, xa que a ela atopeima un pouco despois, e aínda que eu sempre a levaba pola man para sacala de alí e afastala daqueles monstros, ela alegou intento de secuestro.

-Pero como é posíbel iso se ti o que querías era axudala?

-Si, pero parece ser que nunca existiron tales seres,ela estaba de visita no castelo e foi cando a comecei a levar conmigo

-Entón aqueles seres dos que falas foron imaxinación túa?

-Ehhhh…., a verdade é que estou ingresado nun psiquiátrico por delirios,alucinacións e non sei que máis cousas dixeron, e ademáis aquel día estaba borracho de todo, por iso me deron collido aqueles piiiiiiiiiiiiii, así que non sei se existían de verdade ou non, cada un que pense o que lle saia dos piiiiiiiiiiiiii.

-Tranquilo,tranquilo, xa só me faltan un par de preguntas para rematar

-Pois vai apurando que me canso de verche esa piiiiiiiiii cara.

-Contan as historias que teu pai foi un heroico home que fixo fronte a temíbeis criaturas,canto hai de certo nisto?

-Pódesllo preguntar ti cando queiras, xa que reside na habitación 415 no mesmo psiquiátrico no que me teñen vivindo a min

-E para rematar, aclarácheslle a toda a sociedade que esos cornos non son ningunha maldición,se non un defecto xenético?

-Díxenche que non volveses sacar o tema maldito piiiiiiiiiiiiiiiiii,vas ver para que serven os cornos, toma, toma, toma,toma piiiiiiiiiiiiiiiiiiiii,piiiiiiiiiiiiiiiiiiii

Imaxes censuradas por agresividade

Dez minutos despois:

-Sentimos o acontecido anteriormente, informamos que o anterior periodista resultou ferido de gravidade aínda que agora está estable, parece mentira que un corpo tan pequeno poida facer tanto dano,en fin ata aquí a entrevista de hoxe

Vintena de falacias sobre videoxogos

Por: Xoves, 9 de Setembro de 2010, 11:55 8 COMENTARIOS

Lingua de serpe

1. A min os gráficos non me importan:

Estaremos todos de acordo que non son o primordial, pero canto desfrutamos cando

videoxogos nos poñen unhas paisaxes impresionantes para goce dos nosos ollos

2. Fable 2 é un xogo de rol

A min paréceme que é un título de aventuras lento

3. Metal Gear Solid 4 é o mellor de toda a saga

Ah, pero esta cuarta parte está considerada como boa?

4. A Wii é a mellor consola polo seu innovador control

Dende cando se controla ben?, dende o Wii Motion Plus?…tampouco, e o importante das consolas non son os seus videoxogos?,buf,cantas preguntas

5. Kojima abandonará a industria despois do seu próximo proxecto

Saíu tantas veces da súa propia boca que xa ninguén o cre

6. O Pro Evolution continúa sendo mellor que o FIFA

Houbo cambio de xeración e tamén cambio de gañador, porque por moito que lles pese aos amantes do Pro, a calidade deste diminuíu en cantidades inxentes

7. O Ninja Gaiden non era tan complicado como din

Xa , gustaríame verte no monstro final…se consegues chegar

8. Xogando o Tetris son o mellor

Isto creo que o dixemos todos os que nos viciamos horas a este insuperábel xogo

9. Sempre intento pasar os xogos ao cen por cen

Iso é o dito de todos os hardcore gamers, pero de aí a cumprilo hai un paso enorme, e ademáis con logros tan entretidos como atopar duascentas e pico bandeiras no Assassin´s Creed…

10. Vaia pintaza que ten este videoxogo (mirando a contraportada da caixa)

Agora cada vez acontece menos porque hai moita información, pero os casual continúan con esta errónea teoría de fiarse das fotografías que poñen por detrás

11. A PSP é a mellor portábel ata o momento

Non, a Game Boy é a mellor portábel da historia

12. Os xogos son para nenos

Esta frase ven por parte de xente que non ten nin maldita idea do tema nin tocou un videoxogo na vida

13. Os títulos da saga Imaxina ser… son videoxogos

Grave erro catalogar a estos títulos como videoxogos, sendo armas letais para neuronas dos auténticos xogadores

14. A saga Rayman Rabbits non debería haber aparecido

Mentira,vale que os títulos non sexan nada bos e fagan quedar a Rayman nunha altura moi baixa,pero fixémonos de verdade,estos xogos crearon uns tráilers do más simpático e ademáis cos cartos que gañaron servirán para crear Beyond Good & Evil 2,ou iso espero.

15. A linealidade dos videoxogos é un contra que lle resta puntos

Outra das tonterías máis extendidas.A realidade aclárase con dous exemplos: Devil May Cry (lineal)(xogazo impresionante),Final Fantasy XIII(lineal)(trapallada)

16. No E3 presentan as novidades das compañías

Mentira comunmente utilizada, xa que onde de verdade sacan todo é no xa denominado pre-E3, é decir,unha semana e pico antes do comezo da feira comézanse a filtrar detalles,tráilers,novidades,presentacións, o E3 só é para oficializar estos datos.

17. O Devil May Cry 2 é unha merda de videoxogo

E seguimos co de sempre, esta segunda parte non é un título malo, ao contrario,dos xogos de acción de PS2 é un dos mellores,pero non podemos comparalo co seu predecesor que é un título impresionante.

18. A pantalla táctil da Nintendo DS permite un mellor control dos videoxogos

Creo que os que dín isto nunca probaron a xogar a calquera shooter subxectivo estilo Call of Duty

19. Os FPS son todos iguais

Esta frase téñoa escoitado en podcast e non a comprendo moi ben

20. Memoria Pixelada é un simple blogue máis de videoxogos

Esta é a peor falacia de todas…

Os xogos musicais futuristas

Por: Domingo, 29 de Agosto de 2010, 18:41 COMENTAR

Non fai falta facer ningunha introdución para ver o seguinte vídeo, simplemente estiven a falar cun compañeiro que viaxou ao futuro, e cando lle mencioneinei como eran os Guitar Hero , Rock Band e similares amosoume isto:

Polo menos estos instrumentos non fallarán?, ou que Activision?