Ao redor deste mundo de píxeles existen historias verdadeiramente curiosas, pero a que presento está entre as máis curiosas que teño ouvido.

Como saberedes, a polémica sobre este reinicio da saga Devil May Cry por parte de Ninja Theory aínda está á orde do día. Tanto, que un grupo de seguidores acérrimos está a levar a cabo unha petición pola internet para que o presidente dos EUA, Barack Obama, retire DMC das tendas.

“Nós, como fans e consumidores, non precisabamos este reinicio da saga e cremos que viola os nosos dereitos a elixir entre o orixinal e este”

“Mudou tanto que realmente insulta os consumidores”

Estas son algunhas das opinións deste movemento que pon a Obama ante a súa primeira gran crise do seu segundo mandato…

Brincadeiras á parte, estades molestos co novo look de Dante? Estades conformes con este reinicio? Que opinión tedes?

En Memoria Pixelada habermos de falar del en breve.

Peter Molyneux, despois de abandonar Microsoft e Lionhead Studios presentou neste aburrido E3 o próximo videoxogo que apadriñará.

Leva o título de Curiosity “cun desenvolvemento do máis atractivo” (as comiñas son para matizar a ironía), no cal veremos un cubo no medio dunha sala baleira o cal teremos que dar golpes entre varios xogadores.

O último que lle dea o golpe poderá saber que hai dentro.

Pero a curiosidade non recae aquí, senón que existirán DLCs nos que poderemos descargar cinceis para romper antes o cubo, dende feitos de ferro (sobre 1€) até outro de diamante (que custará tan só 60.000€).

Aparentemente cinceis de diamante só existirá un, polo que esperemos quén é o que ten “a sorte de adquirilo”.

Que excusa puxo Molyneux ante este feito?, pois dixo que non é un exercicio para gañar diñeiro, senón unha proba sobre a psicoloxía da monetización.

Aplausos Molyneux, moitos aplausos.
Ler o resto da entrada »

Os de Bethesda son uns “cachondos” da vida, tanto é así que parece ser que teñen uns campeonatos internos de atopar quén é o primeiro en superar algún dos seus xogos no menor tempo posíbel, e o xogo que lle tocou desta volta é o esperado The Elder Scrolls V: Skyrim.

Pois ben, enfrontáronse nesta curiosa competición o encargado de control de calidade (Sam Bernstein) e o director de deseño de escenarios (Jeff Brown) e os resultados son verdadeiramente curiosos, xa que os dous o remataron en pouco máis de dúas horas, concretamente o primeiro rematounon en 2h:16m:30s e o segundo en 2h:16m:10s.

Agora estaredes medios preocupados, tendo en conta que este xogo vai ser moito máis grande que o seu predecesor, mais non hai porque estalo, xa que normalmente estas persoas coñecen atallos, trucos, etc que o resto de mortais non sabemos, polo que non hai de que preocuparse, é máis, parece ser que xa probaron o xogo outras persoas fóra da compañía e nas primeiras 3 horas apenas pasaron das misións iniciais, así que xa sabedes, non vos preocupedes, e se sodes capaces de pasalo en menos de 2 horas e cuarto, falade con Bethesda que seguro que vos obsequian con algo.

Tatuaxes sexuais

Por: Luns, 10 de Xaneiro de 2011, 13:56 1 COMENTARIO

Xa teño falado de algún tatuaxe simpático que me teño atopado, pero estes supéranos con claridade.

No seguinte enlace atoparedes unha serie de tatuaxes dos máis curiosos.

Eu só vos amoso un, o máis representativo, o mellor de todos, o máis penetrante…

Halo Retro

Por: Venres, 31 de Decembro de 2010, 20:16 COMENTAR

Xa temos visto a moitas sagas retroceder a tempos de poucos bits, ¿pero algunha vez vistes á saga Halo?
Pois os creadores de Pixel Force volven facer un bo traballo metendo a Halo na máquina do tempo para que viaxe ata finais dos oitenta onde o panorama dos videoxogos era moi diferente ao que hai hoxe en día.
O resultado é o seguinte, e aínda que moleste a algún seguidor aférrimo desta saga, quizais o pasaría mellor xogando a esta versión que a calquera dos xogos de Halo.
O dito ben dito está.

Parecidos razonábeis

Por: Martes, 21 de Decembro de 2010, 10:10 1 COMENTARIO

Observado en Gamesajare

Super Smash Bros en Game Boy

Por: Mércores, 15 de Decembro de 2010, 17:46 3 COMENTARIOS

Todos aqueles que tivemos nas nosas mans unha gran Nintendo 64 creo que recordamos con especial cariño o Super Smash Bros. Foi a primeira vez que vimos pelexar a personaxes de Nintendo, todos revoltos, todos querendo gañar e todos desexando coller o “ítem” do martelo.
Cantos recordos nun só título, pero retrocedamos un chisco e imaxinemos un Super Smash Bros retro para a nosa Game Boy.
Pois precisamente foi o que fixo Danforce, un colega cunha paciencia como un mundo que recreou este videoxogo. É máis, podemos probar este curioso título en calquera emulador de Game Boy Advance, e aínda que só ten tres escenarios e dous personaxes (Mario e Kirby), creo que a curiosidade merece a pena.
Os píxeles coma puños seguen erguéndose en proxectos así.
Para mín foi de bo agrado simplemente visionar o xogo. Non sei a vós que vos parece?

http://www.youtube.com/watch?v=1dmHjdUere4&feature=player_embedded

Super Mario Bros Sandbox

Por: Mércores, 15 de Decembro de 2010, 10:14 COMENTAR

Estamos fartos de ver parodias de Mario por todos os lados, pero a seguinte que vos amoso a continuación rompe moldes presentándonos a un Mario moito máis serio, duro e ambientado nunha época máis actual.
Con todos vós, Super Mario Bros Sandbox.
Na liña dos GTA temos unha cidade a nosa disposición, centos de misións secundarias, un argumentos rebuscado e total liberdade de acción.
Pero claro, creo que ninguén perdoaría que Mario se arriscase noutros xéneros que non fosen as seguras plataformas na que se atopa enriba de todo, polo que o vídeo e o proxecto que vedes a continuación só seguirá vivo no cerebro do seu propio creador.
Aínda así, debo mencionar que hai momentos moi espectaculares e cheos de acción, polo que non deixa de ser unha curiosidade moi recomendábel.
A ver que vos parece.

Carisma de xogadores bipolares

Por: Domingo, 28 de Novembro de 2010, 2:53 COMENTAR

Esta persoa que vemos a continuación seguro que ten bos amigos,boa familia,bo traballo e boa reputación social, pero para isto necesita un intenso entrenamento a base de tiros virtuais, e sexamos honestos, mirade o vídeo, mirádelle o brazo dereito inmóbil e tenso disposto a calquera movemento, a mirada fixa á pantalla e esos movementos carismáticos que nada lle ten que envexar a James Bond.
Con todos vos,shooter-gamer.

Ezio vs Faith

Por: Domingo, 28 de Novembro de 2010, 2:42 COMENTAR

Moito se ten criticado o control de Mirrors Edge e o seguinte debuxo logra moi ben captar esta esencia (problemática para uns e afortunada para outros), usando ao protagonista de Assassin´s Creed como comparativa.
Mesmo camiño,diferente control,diferente final…

Real Space Invader

Por: Venres, 19 de Novembro de 2010, 14:21 COMENTAR

Parece que a imaxinación dalgunhas persoas é realmente asombrosa, e eu, como gran admirador de todas estas curiosidades estou totalmente agradecido.
A imaxe que atopei é unha versión real dun dos inimigos do mítico Space Invaders.
Se queredes agradecer este acto ao seu autor, pasádevos por aquí.

FPS de antes e de agora

Por: Luns, 15 de Novembro de 2010, 13:32 COMENTAR

Paseime por Gamesajare e atopei unha imaxe que resume perfectamente a clara evolución dos shooters subxectivos.

E para que non quededes con ganas de máis,podedes observar un vídeo no que se repasan os grandes clásicos dos FPS.

http://www.youtube.com/watch?v=PZqf5xqKgCE&feature=player_embedded