«Warface» confirmado para Xbox 360

Por: Xoves, 29 de Agosto de 2013, 10:00 COMENTAR

warface
Crytek confirmou que haberá unha versión do «Warface» para a videoconsola Xbox 360.

Aínda que este shooter en primeira persoa será un free-to-play, requerirá ter unha subscrición Gold en Xbox Live para poder xogalo.

Polo de agora está aberta a inscrición para a versión beta do xogo para PC na páxina oficial de Warface

Aínda se descoñecen as datas de lanzamento, pero agárdase que sexa a comezos de 2014.

xbox-one-gamescom-2013
Estas son as principais novidades que puidemos ver na conferencia que a compañía Microsoft presentou na GamesCom 2013:

Novas imaxes da interface de usuario da Xbox One.

Novas imaxes da interface de usuario da Xbox One e como poderá executar varias aplicacións ao mesmo tempo.

Os creadores independentes poderás autopublicar os seus xogos.

Agora os creadores de videoxogos poderán rexistrarse e publicar automáticamente os seus videoxogos na tenda dixital, co novo servizo “Desenvolvedores Independentes” (Independent Developers @ Xbox), sen ter que pagar ningunha cota, como sucedía ata agora.

«Fighter Within»

O novo título de loita de Ubisoft, exclusivo para Xbox One aproveitará a mellorada tecnoloxía de captura de movemento do novo Kinect, co que controlaremos ao noso perxonaxe cos nosos propios movementos.

«Fable Legends»

Nesta nova entrega para Xbox One, o noso heroe contará con outros tres compañeiros de viaxe cos que explorar Albión e completar misións. Unha parte interesante é que eses compañeiros poderán ser controlados por ata tres amigos a través da rede. Empregará o motor gráfico Unreal Engine 4, co que a calidade gráfica está asegurada.

«The Division»

Microsoft anunciou que a versión para Xbox One deste novo videoxogo terá contido exclusivo antes e despois do seu lanzamento, mais non deu maiores detalles sobre a natureza dese contido. Yves Guillemot anunciou que a data de lanzamento estará máis próxima ao final de 2014 que ao principio do mesmo, debido a unha posible mellor recepción por parte do mercado durante o Nadal. Así mesmo, tamén anunciaron o lanzamento dunha versión para PC, debido á enorme demanda por parte dos usuarios desta plataforma.

«FIFA 14»

Durante a conferencia, confirmaron que todos os usuarios que reserven a Xbox One en Europa, recibirán unha copia gratuita da nova entrega da saga futbolística de EA, o FIFA 14.

Ademáis, tamén anunciaron a exclusividade para Xbox One e Xbox 360 de FIFA 14 Ultimate Team Legends, co que poderemos elaborar o noso equipo ideal con estrelas actuais e xogadores míticos como Ruud Gullit, Dennis Bergkamp, Pelé, Patrick Vieira, Gary Lineker e Freddie Ljungberg.

«Call of Duty: Ghosts»

Tal como se puido ver na imaxe, haberá un pack de Xbox One e xogo. Ademáis tamén anunciaron que contará con servidores adicados para o modo multixogador. Activision confirmou a data de lanzamento para o vindeiro 5 de novembro para PC, PlayStation 3, WiiU e Xbox 360. Para a PlayStation 4 e Xbox One estará dispoñible na data de lanzamento das mesmas.
cod-ghosts(Imaxe por: TheDesertFoxOne)

«Ryse: Son of Rome»

A compañía Crytek presentou no seguinte vídeo o modo cooperativo multixogador coñecido como Gladiador, onde os xogadores deberán loitar conxuntamente contra as hordas inimigas. Tamén podemos apreciar a calidade gráfica do Coliseo romano na época do seu maior esplendor coas plataformas móbiles que empregaban para recrear as batallas das forzas romanas contra as hordas bárbaras.

«Plants vs. Zombies: Garden Warfare» e «Peggle 2»

Microsoft anunciou que os dous títulos da compañía PopCap serán lanzados en primeiro lugar para a Xbox One. A nova entrega de Plants vs. Zombies será compatible con SmartGlass e Kinect. Contará con modo multixogador de ata 24 xogadores e modo cooperativo con ata 4 xogadores.

«Killer Instinct»

A nova entrega deste videoxogo de loita será gratuito e contará cun único personaxe para xogar, Jago. Como na maioría dos F2P, haberá contido de pago e neste caso serán 5 personaxes no momento do lanzamento e outros dous tempo despois e custarán dende 4,99 € cada un. Tamén haberá dous packs de aforro: o Combo Breaker Pack, que contará cos 8 personaxes, por 19,99 € e a Ultra Edition, que ademáis do pack anterior, incluirá tamén accesorios e traxes para os personaxes, así como unha copia do xogo orixinal, todo por 39,99 €.

«Project Spark»

Este título de construcción tamén será gratuito e os usuarios xa poden rexistrarse para probar a versión beta dende finais deste outubro. Estará dispoñible para PC e Xbox 360, consola na que será compatible coa captura de movementos dos xogadores a través do Kinect.

«Cobalt»

Seguindo a súa relación co creador do exitoso Minecraft, o estudo Mojang lanzará unha versión do seu novo título de plataformas para Xbox 360 e Xbox One. Xa está dispoñible para probar unha versión alfa da versión para PC.

«Dead Rising 3»

Na entrega anterior podiamos crear novas armas mesturando diferentes obxectos. Iso non é nada… Ao máis puro estilo MacGyver ou O Equipo A, neste novo tráiler vemos como o protagonista crea un novo vehículo “aplasta-zombies”. Segundo confirmaron, o tamaño do mapa será meirande que os das dúas entregas anteriores xuntos.

«Forza Motorsport 5»

Microsoft publicou unha serie de novas capturas do xa habitual trazado Mazda Laguna Seca, onde tamén podemos ver que incluirán o último gañador das famosas 24 Horas de LeMans, o híbrido Audi R18 e-Tron. Unha das maiores novidades (e máis agardadas por moitos fans) é que por fin incluirán na saga o circuito de Spa-Francorchamps (onde por certo esta mesma fin de semana se disputa o GP de Fórmula 1 de Bélxica), mítico trazado e as súas non menos míticas curvas de Eau Rouge” ou a chicane da “Parada do Autobús”, entre outras.
forza-5-audi-r18-etron

«Kinect Sports Rivals»

Os deseñadores de Rare fálannos do proceso de creación do novo videoxogos e as incribles melloras, grazas, sobre todo, á maior sensibilidade do novo Kinect, que lles permite capturar mellor os movementos de todo o corpo, incluíndo os movementos dos dedos e expresións faciais.

Tráiler completo de Crysis 3

Por: Xoves, 26 de Abril de 2012, 14:11 COMENTAR

Fai uns días xa comentamos algo sobre a terceira entrega de Crysis, esta saga que comezou en PC cun éxito espectacular.

Pois agora podemos ver o tráiler completo grazas a Crytek onde observamos algún escenario, uso do arco, un chisco de gameplay e o seu apartado técnico.

Sen máis déixovos o tráiler para que valoredes por vós mesmos se estará á altura ou será unha continuación prescindíbel que só quere aproveitar a fama do seu nome.

Crysis 3 xa é oficial

Por: Luns, 16 de Abril de 2012, 15:26 COMENTAR

Despois de tantos rumores Electronic Arts acaba de anunciar oficialmente que Crytek xa está traballando na terceira entrega de Crysis.

Esta nova entrega desenvolverase en Nova York, aínda que con cambios significativos, sobre todo no tema da vexetación, para que o emprego do arco (arma significativa desta entrega) sexa máis estimulante.

O mapeado dividirase en sete distritos que poderemos investigar con certa liberdade, pero sen chegar ao nivel de sandbox.

O xogo estará listo para 2013 para as plataformas Xbox 360,PS3 e PC

Crytek está a desenvolver un novo shooter

Por: Venres, 29 de Xullo de 2011, 13:58 COMENTAR

Os creadores do Crysis, un shooter que obtivo máis que excelentes críticas ao redor do mundo (porén a min non me rematou por convencer), xa están a preparar un novo proxecto en forma de shooter (non deben querer abandonar o xénero).

Isto sábese despois de ser descuberto o perfil persoal dun empregado da propia compañía, na cal atoparon unha nova IP correspondente ao xénero mencionado.

Non se sabe se é outra das múltiplas estratexias de márketing ou se por un casual resultou ser certo o erro deste empregado, mais non só serviu para saber que están a traballar noutro xogo presumiblemente para PC, Xbox 360 e PS3. Tamén se descubriu a existencia doutro título cancelado que tiña como nome Redemption, que estaba pensado para shooter en terceira persoa.